JYP | |
---|---|
Fundación | 1977 |
Cidade | Jyväskylä, Finlandia Central Finlandia |
Estadio | Synergia Areena[1] (4.618 espectadores) |
Liga | Liiga |
Campionatos | 2 |
Propietario(s) | Jukka Seppänen yhtiöineen: 62 % Anssi Lyytinen yhtiöineen: 15 % Kari Rito yhtiöineen 15 % Jarmo Paalanen yhtiöineen: 8 %[2] |
Director | Kari Tyni[3] |
Adestrador | Jyrki Aho |
Afiliado(s) | JYP-Akatemia (Mestis) |
Cores | Negro, vermello e branco |
Na rede | |
http://www.jypliiga.fi/ |
O Jyväskylän palloilijat, máis coñecido como JYP, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Jyväskylä (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, competición que gañou en dúas ocasións (2009 e 2012). Xoga os seus partidos como local no Synergia Areena, un pavillón inaugurado en 1982 e con capacidade para 4.618 espectadores.
O JYP foi fundado en 1977 co nome de Jyväskylän Pallo. Actualmente o seu nome é Jyp Jyväskylä Oy. En 1985 conseguiu o ascenso á máxima categoría, a SM-liiga, permanecendo nela dende aquela. Na tempada 2008-09 chegou o primeiro grande éxito do equipo ao conseguir proclamarse campión da competición tras derrotar por 4-0 na final disputada ao mellor de sete encontros ao Kárpät,[4] logo de ter perdido as dúas finais disputadas ata o momento en 1989 e 1992 e ter finalizado como campión da liga regular ese mesmo ano. No 2010 foi novamente campión da liga regular, mais perdeu nas semifinais fronte ao TPS en seis partidos (4-2). Finalmente, no 2012 alzouse co título da SM-liiga por segunda vez na súa historia tras derrotar na final aos Pelicans por 4-1.
Nº | Xogador | Carreira |
---|---|---|
1 | Ari-Pekka Siekkinen | 1984-1996 2000-2001 |
10 | Pertti Rastela | 1974-1991 |
13 | Riikka Sallinen | 1989-1992 1994-1995 1996-2002 2013-2016 |
19 | Pentti Mikkilä | |
30 | Risto Kurkinen |