Jack Laviolette

Modelo:BiografíaJack Laviolette

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1879 Editar o valor en Wikidata
Belleville, Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Quebec, Canadá Editar o valor en Wikidata
Peso170 lb Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor en Wikidata
LigaNational Hockey Association (pt) Traducir e National Hockey League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefenseman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mano para tirarright-handed shot (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1904–1907 Michigan Soo Indians
1907–1909 Montreal Shamrocks
1909–1918 Canadiens de Montréal
Premios

WikiTree: Laviolette-202 Find a Grave: 7270564 Editar o valor en Wikidata

John "Jack" Laviolette, nado o 17 de xullo de 1879 en Belleville (Ontario, Canadá)[1] e finado o 9 de xaneiro de 1960 en Montreal (Quebec, Canadá), foi un xogador profesional de hóckey sobre xeo canadense profesional. Laviolette xogou durante nove tempadas nos Montreal Canadiens, equipo do que foi o seu primeiro capitán, adestrado, e general manager. Laviolette foi unha das primeiras estrelas francófonas do hóckey sobre xeo.

Laviolette foi un goleador excepcional dende a posición de defensa. Mais o verdadeiro lugar de Laviolette na historia do hóckey ten menos que ver co seu valor como anotador e máis co seu papel como verdadeiro organizador da fundación dos Canadiens, dos que foi o primeiro xogador, adestrador e general manager na súa tempada inaugural en 1910.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Infancia e debut

[editar | editar a fonte]

Jack Laviolette naceu en Belleville (Ontario), fillo de Antoine Rufiange Laviolette e Eliza Hébert, mais criouse en Salaberry-de-Valleyfield (Quebec), a onde se trasladou a súa familia cando tiña 12 anos.[2][3][4] Descubriu o hóckey sobre xeo patinando sobre a superficie conxeada das esclusas supervisadas polo pai de Didier Pitre[5].

Na tempada 1902-1903, Laviolette xogou no Bell AAA, que competía na liga do hockey da cidade de Montreal.[2] Na tempada seguinte, Pitre e el asinaron xuntos[6] para xogar no National de Montréal na nova Federal Amateur Hockey League. No transcurso da tempada de 1904 xogáronse seis partidos, e os xogadores do National clasificáronse en segunda posición por detrás dos Montreal Wanderers.[7] Laviolette, que podía xogar tanto en defensa como en ataque finalizou con oito goles en seis partidos, sendo o sexto máximo goleador da tempada.[4][8]

Profesional en América do Norte

[editar | editar a fonte]
A Estación Windsor, dende onde Laviolette e Pitre emprenderon a súa aventura nos Estados Unidos.

Nos Estados Unidos e a principios do século XX, a industria do cobre estaba en plena expansión para satisfacer as demandas crecentes de electricidade. Míchigan posuía numerosas minas e a vila de Houghton é un dos exemplos.[9] O Portage Lakes Hockey Club atraeu multitudes e James R. Dee, o seu propietario, quixo facer un negocio lucrativo e decidiu crear a primeira liga profesional do mundo. Jack « Doc » Gibson, un dentista chegado de Berlin (Ontario) que foi expulsado do hóckey de Ontario despois de ter aceptado moedas de ouro do alcalde de Berlin logo dunha vitoria contra unha cidade vechiña e responsable de recrutar xogadores do Canadá.[10] Cando Gibson regresou ao Canadá e correuse a voz de que en Míchigan se pagaba aos xogadores por xogar ao hóckey, Laviolette foi un dos primeiros xogadores en probar sorte e deixou Montreal.[11]

Laviolette xogou a tempada 1904-05 cos Michigan Soo Indians da LIH, un equipo con base en Sault Sainte-Marie. De volta a Montreal ao final da tempada, convenceu a Pitre, que aínda era xogador do National.[11] Esperaron aos dous xogadores na Estación Windsor, mais Pitre foi retenido polos propietarios do National, ao que lle impediron unirse a Laviolette na estación. Finalmente, conseguiu reunirse co seu amigo, fíxolle asinar un contrato e os dous xogadores agocháronse na estación para coller un tren rápido sen cruzarse cos directivos do National.[12] A aventura nos Estados Unidos non durou máis que tres tempadas en total, xa que os presidentes dos equipos canadenses decidiron dar o paso ao profesionalismo para tentar parar o éxodo dos seus mellores xogadores.[12] A LIH non puido manter aos seus xogadores mentres as ligas profesionais eran creadas en todas partes. Pitre e Laviolette regresaron a Montreal para xogar e a súa elección foron os Montreal Shamrocks da Eastern Canada Amateur Hockey Association para as dúas seguintes tempadas.[6]

Nacemento dos Montreal Canadiens

[editar | editar a fonte]
O equipo dos Canadiens na tempada 1912-13.

O 13 de novembro de 1909, a raíz dunha disputa entre os propietarios dos clubs membros da Eastern Canada Amateur Hockey Association e o propietario dos Montreal Wanderers, decidiuse formar unha nova liga, a National Hockey Association of Canada. A raíz da fundacióne por consello de Strachan, Jimmy Gardner, un director dos Wanderers, e John Ambrose O’Brien decidiuse explotar comercialmente a rivalidade entre os anglófonos e os francófonos de Montreal e crear un club de hóckey maioritariamente, senón totalmente, composto por xogadores de fala francesa. Para iso, encargáronlle a Laviolette recrutar xogadores francófonos para poder formar un novo club de hóckey que puidera rivalizar cos Wanderers. Naceu entón un novo equipo co nome de «Canadien» o 4 de decembro de 1909.[13] Laviolette puido entón contar coa axuda financeira de O'Brien para construír o novo equipo.[14] A misión de Laviolette era recrutar novos xogadores, ser director xeral, capitán, adestrador e xogador do equipo. Conseguiu recrutar a Pitre para xogar en defensa con el, Édouard "Newsy" Lalonde como rover,[Nota 1], Joseph Cattarinich nos goles do equipo e ataque: Ed Décarie como centro, e Arthur Bernier e Georges Poulin nos postos de aleiros.[5] Algúns destes xogadores que asinaron por ese primeiro equipo pasaron a formar parte posteriormente do Hockey Hall of Fame, como Newsy Lalonde, Didier Pitre e, o posteriormente incorporado Georges Vézina. O equipo que construíu Laviolette converteríase na franquía máis exitosa do hóckey profesional.

Como pola sinatura con Sault Sainte-Marie, a chegada de Pitre ao seo do equipo de Montreal complicouse e non se solucionou ata que se acudiu aos tribunais.[15] O primeiro partido do equipo foi unha vitoria, mais o resultado non se ten en conta porque pouco tempo despois, a Canadian Hockey Association fusionouse coa NHA e os contadores puxéronse a cero. Finalmente, o equipo finalizou na derradeira posición a liga regular con dúas vitorias en 12 encontros.[16] O equipo contou co reforzo de Georges Vézina para a seguinte tempada, cando remataron na segunda posición da clasificación con oito vitorias e outras tantas derrotas.[17]

Lalonde deixou o Club de hockey Canadien antes de comezar a tempada 1911-12 e Pitre tomou o relevo marcando 28 goles na súa conta particular.

Laviolette gañou a Stanley Cup en 1916 cos Canadiens, sendo esta a primeira vez que o club conseguía alzarse co trofeo.[18] No transcurso da súa única tempada nas pistas da NHL (1917-18), rexistrou 18 partidos e 2 goles. O 1 de maio de 1918, o seu coche bateu contra un poste e tiveron que amputarlle o pé dereito, o que puxo fin á súa carreira como xogador.[19] No inverno de 1921 xogouse un partido benéfico para Jack no Aréna Mont-Royal, no que non só foi o invitado de honor, seón que tamén arbitrou o partido.[20]

Morreu o 10 de xaneiro de 1960 en Montreal. O mesmo ano da súa morte, Laviolette foi introducido no Canada's Sports Hall of Fame como xogador de lacrosse,[21] e dous anos despois da súa morte foi introducido no Hockey Hall of Fame.[20]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Estatísticas como xogador

[editar | editar a fonte]
    Liga regular   Play-offs
Tempada Equipo Liga PX G A Pts PIM PX G A Pts PIM
1903–04 Montreal Le National FAHL 6 8 0 8
1904–05 Michigan Soo Indians IHL 24 15 0 15 24
1905–06 Michigan Soo Indians IHL 17 15 0 15 28
1906–07 Michigan Soo Indians IHL 19 10 7 17 34
1907–08 Montreal Shamrocks ECAHA 6 1 0 1 36
1908–09 Montreal Shamrocks ECHA 9 1 0 1 36
1909–10 Montreal Canadiens NHA 12 4 0 4 41
1910–11 Montreal Canadiens NHA 16 0 0 0 24
1911–12 Montreal Canadiens NHA 17 7 0 7 10
1912–13 Montreal Canadiens NHA 20 8 0 8 77
1913–14 Montreal Canadiens NHA 20 7 9 16 30 2 0 1 1 0
1914–15 Montreal Canadiens NHA 18 6 3 9 35
1915–16 Montreal Canadiens NHA 18 8 3 11 62
1915–16 Montreal Canadiens Stanley Cup 4 0 0 0 6
1916–17 Montreal Canadiens NHA 17 7 3 10 24
1916–17 Montreal Canadiens St-Cup 4 1 2 3 9
1917–18 Montreal Canadiens NHL 18 2 1 3 6 2 0 0 0 0
Totais IHL 60 40 7 47 86
Totais NHA 138 47 18 65 303 4 0 1 1 0
Totais St-Cup 8 1 2 3 15

Estatísticas como adestrador

[editar | editar a fonte]

Laviolette adestrou únha única tempada aos Montreal Canadiens co seguinte registro:[22]

    Liga regular   Play-offs
Tempada Equipo Liga PA V D E Pts PA V D E
1909–10 Montreal Canadiens NHA 12 2 10 0

Premios e logros

[editar | editar a fonte]
  1. O rover é un posto de xogador sen posición fixa, desaparecido a principios do século XX.
Referencias
  1. "Rexistro parroquial de St. Michael the Archangel, Belleville" (en inglés). familysearch.org. Consultado o 21 de novembro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 (Normand & Bruneau 2008, p. 712)
  3. "Généalogie Elise Hebert" (en inglés). Généalogie du Québec et française d'Amérique. Consultado o 7 de decembro de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Jack Laviolette". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 7 de decembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 (Normand & Bruneau 2008, p. 39)
  6. 6,0 6,1 (Diamond 1998, p. 1786)
  7. (Diamond 1998, p. 13)
  8. Diamond 1998, p. 744
  9. (McKinley 2006, p. 43)
  10. (McKinley 2006, p. 42)
  11. 11,0 11,1 (McKinley 2006, p. 48)
  12. 12,0 12,1 (McKinley 2000, p. 63)
  13. (McKinley 2006, p. 73)
  14. (Strachan 2000, p. 18-19)
  15. (McKinley 2006, p. 74)
  16. "Saison 1909-1910". Notre Histoire (en francés). Montreal Canadiens. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  17. "Saison 1910-1911". Notre Histoire (en francés). Montreal Canadiens. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  18. "Jack Laviolette". Notre Histoire (en francés). Montreal Canadiens. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  19. (Normand & Bruneau 2008, p. 76)
  20. 20,0 20,1 "Jack Laviolette. Biography". Legends of Hockey (en inglés). Hockey Hall of Fame. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  21. "Jack Laviolette" (en inglés). Canada's Sports Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xaneiro de 2016. 
  22. "Entraîneurs. Jack Laviolette (1909-1910)". Notre Histoire (en francés). Montreal Canadiens. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 9 de decembro de 2015. 
  23. (Hockey Hall of Fame 2003, p. 56)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Creación do posto
Adestrador dos Montreal Canadiens
1910–11
Sucesor:
Adolphe Lecours
Predecesor:
Creación do posto
Capitán dos Montreal Canadiens
1910
Sucesor:
Newsy Lalonde
Predecesor:
Newsy Lalonde
Capitán dos Montreal Canadiens
1911–12
Sucesor:
Newsy Lalonde
Predecesor:
Creación do posto
General Manager dos Montreal Canadiens
1909–10
con Joseph Cattarinich
Sucesor:
George Kennedy