Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1818 Nova York |
Morte | 7 de decembro de 1887 Nova York |
Lugar de sepultura | Green-Wood Cemetery (pt) |
País de nacionalidade | estadounidense |
Educación | École Centrale des Arts et Manufactures de París |
Actividade | |
Ocupación | bibliotecario, historiador e ictiólogo afeccionado |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Brevoort |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Dorothea Lefferts |
Fillos | Henry L. Brevoort |
Pai | Henry Brevoort |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography |
James Carson Brevoort, nado o 10 de xullo de 1818 en Nova York, e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 1887) foi un coleccionista estadounidense de libros raros, numismático e naturalista afeccionado.[1]
Brevoort recibiu a súa primeira educación na súa casa, en Francia, e en Hofwyl, preto de Berna, Suíza. Despois estudou na École Centrale des Arts et Manufactures de París, e licenciouse en enxeñaría civil.[2]
Ao regresar aos Estados Unidos, acompañou ao seu tío, James Renwick, un dos comisarios do levantamento dos límites do nordeste. En 1838 marchou ao estranxeiro como secretario privado de Washington Irving, ministro dos Estados Unidos en España. Despois de cumprir un ano nesta función, pasou varios anos en viaxes por Europa, e regresou á súa casa en 1843. Dous anos máis tarde casou coa filla do xuíz Leffert Lefferts, de Brooklyn, onde residiu despois, servindo na xunta de educación e como nunha das comisións das augas.[2]
En 1861 foi nomeado regent da Universidade de Nova York, e ense mesmo ano recibiu o título de LL.D. no Williams College. Durante dez anos, a partir de 1863]], foi presidente da Long Island Historical Society. E en 1868, foi elixido membro da American Antiquarian Society.[3]
Durante dous anos, de marzo de 1876 a febreiro de 1878, foi superintendente da Biblioteca Astor da cidade de Nova York, da que era administrador desde 1852. Supervisou o inicio dun catálogo de tarxetas para a colección Astor. Renunciou como administrador en setembro de 1878. Foi membro da Sociedade Histórica de Nova York, da Academia de Ciencias Naturais, da Sociedade Xeográfica Americana, da Sociedade Histórica de Massachusetts, da Sociedade Histórica de Pensilvania e de numerosas outras asociacións científicas, literari<s e artísticas, nas que sempre estivo activamente implicado.[2]
James C. Brevoort foi coleccionista de libros e moedas raras. Do seu pai, Henry Brevoort, herdou uns 6 000 volumes, na súa maioría estadounuidenses, que foran recollidos en Europa durante os convulsos anos de 1810 a 1832. A esta biblioteca Brevoort fixo grandes engadidos, de xeito que en 1875 comprendíau uns 10 000 volumes, moitos deles moi raros e custosos. Tamén recolleu medallas e manuscritos. Sobre 1875 comezou a regalar moitos dos seus tesouros a varias institucións. As súas coleccións tamén abarcaron a entomoloxía e a ictioloxía (libros e espécimes).[2]
Brevoort trasladouse, nos primeiros anos da súa vida, desde o seu Manhattan Valley a Yonkers, pero volveu a Manhattan e foi membro do seu Common Council durante moitos anos. En 1852 trasladouse a Rye.[2]
Brevoort casou con Elizabeth Dorothea Lefferts en 1845, e tiveron un fillo, Henry L. Brevoort (1849-1895).[4]
Morreu na súa casa de Brooklyn o 7 de decembro de 1887.[1]
Brevoort colaborou no American Journal of Numismatics cunha serie de artigos ilustrados sobre "As primeiras moedas españolas e portuguesas en América". No Historical Magazine publicou un artigo sobre o descubrimento dos restos de Cristovo Colón, e en 1874 preparou un volume, impreso en privado, titulado Verrazano the Navigator, or Notes on Giovanni de Verrazano, and on a Planisphere of 1529, illustrating his American Voyage in 1529, ilustrando a súa viaxe americana, sendo esta unha revisión e ampliación dun artigo lido na American Geographical Society o 28 de novembro de 1871.
Seu amigo, o ictiólogo Theodore Nicholas Gill, honrou a Brevoort dándolle o seu nome á especie Selene brevoortii, peixe da familia dos caránxidos.
A abreviatura Brevoort emprégase para recoñecer a James Carson Brevoort como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.