Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de marzo de 1798 Agen, Francia |
Morte | 4 de outubro de 1864 (66 anos) Agen, Francia |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, peiteador |
Membro de | |
Pseudónimo literario | Jansemin Jasmin Jacques Jasmin |
Premios | |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Jansemin, nado como Jacme Boèr e oficialmente Jacques Boé en Agen o 6 de marzo de 1798 e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 1864, foi un escritor occitano, precedente de Mistral e do rexurdimento do Felibrige.
Jansemin naceu no seo dunha familia humilde, seu pai era xastre e súa nai serventa. Estudou no seminario e logo aprendeu o oficio de barbeiro. En 1818 abriu na súa cidade natal unha barbería e mentres barbeaba comezou a recitar versos. A partir de 1822 comezou a compoñer para o entroido local, adquirindo certa fama local que se afirmou ao recitar a súa composición Lo Charivari en 1825. A súa consagración chegou máis tarde ao premialo a Academia de Agen polo seu poema Lo tres de mai, peza de circunscancias composta con ocasión da inauguración da estatua de Henrique IV en Nerac. En 1835 apareceu a primeira versión da súa grande obra Las Papilhòtas, que eloxiada por Charles Nodier en Le Temps [1] logrou o recoñecemento unánime, converténdoo nunha celebridade. Percorreu Occitania declamando os seus versos diante numeroso público, e mesmo diante do rei Lois Filipe I en 1842 do emperador Napoleón III en 1853[2]. O diñeiro logrado nos seus recitais ía para os pobres. En 1852 a Acadèmia Francesa concedeulle unha pension e o papa Pío IX fíxoo cabaleiro de San Xurxo e Lois Filipe I[3] outorgoulle o grao de cabaleiro da Lexión de Honra.
Gran narrador, foi capaz de revivir a poesía popular occitana e vai influír na maioría dos poetas da xeración posterior, considerándose un precursos do Felibritge. A súa obra recolleuse nos catro volumes de Las Papilhòtas (1835, 1842, 1854 e 1863). Un xénero que se fixo moi popular na literatura occitana da época foi a autobiografía en verso seguindo o seu "Mous soubenis" que gabaron Charles Nodier e Charles Augustin Sainte-Beuve[4]. Escribiu a súa obra na variedade local de Agen, que é linguadociana malia que a localidade é historicamente gascona.