![]() (2011) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de xullo de 1985 ![]() San Diego, Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Boston College ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 102 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista, adestrador de baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2007 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala e Escolta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Charlotte Hornets ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() |
Jared Anthony Dudley, nado o 10 de xullo de 1985 en San Diego (California) é un ex xogador de baloncesto estadounidense.
O 28 de xuño de 2007, foi elixido no Draft da NBA de 2007 polos Charlotte Bobcats. Dudley entrou pronto na rotación dos Bobcats, e xogou o seu primeiro partido coma titular o 24 de novembro de 2007 contra os Boston Celtics, anotando 11 puntos e capturando 9 rebotes.[1] Rematou a tempada 2007-08 con 5.8 puntos por partido.
Dudley xogou 20 partidos cos Bobcats antes de ser traspasado aos Phoenix Suns. Neses 20 partidos, acadou 5.4 puntos por encontro. Foi traspasado xunto a Jason Richardson, a cambio de Raja Bell, Boris Diaw e Sean Singletary.[2] Nesa tempada xogou en 48 partidos para os Suns, nos cales fixo 5.5 puntos, 3.0 rebotes e 0.8 asistencias por partido. Na tempada 2009-10 tivo un papel importante nos playoffs, xa que xogou nos 16 partidos que xogou Phoenix na postempada, cunha porcentaxe de triplas do 42'4%. Porén, os Suns perderon nas finais da Conferencia Oeste contra os Los Angeles Lakers por 4-2.
A tempada 2010-11 foi a mellor a nivel persoal, xa que rematou con 10.6 puntos por partido, e xogou en todos os 82 partidos da tempada regular.
O 26 de agosto de 2014, Dudley foi traspasado ós Milwaukee Bucks xunto a unha elección da primeira rolda do Draft de 2017, a cambio de Carlos Delfino, Miroslav Raduljica e unha elección da segunda rolda do Draft de 2015.[3]
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007-08 | Charlotte | 73 | 19.0 | .468 | .220 | .737 | 3.9 | 1.1 | 0.8 | 0.1 | 5.8 |
2008-09 | Charlotte | 20 | 21.4 | .469 | .375 | .625 | 3.0 | 1.0 | 0.9 | 0.1 | 5.4 |
2008-09 | Phoenix | 48 | 15.2 | .481 | .394 | .691 | 3.0 | 0.8 | 0.8 | 0.1 | 5.5 |
2009-10 | Phoenix | 82 | 24.3 | .459 | .458 | .754 | 3.4 | 1.4 | 1.0 | 0.2 | 8.2 |
2010-11 | Phoenix | 82 | 26.1 | .477 | .415 | .743 | 3.9 | 1.3 | 1.1 | 0.2 | 10.6 |
2011-12 | Phoenix | 65 | 31.1 | .485 | .383 | .726 | 4.6 | 1.7 | 0.8 | 0.3 | 12.7 |
2012-13 | Phoenix | 79 | 27.5 | .468 | .391 | .796 | 3.1 | 2.6 | 0.9 | 0.1 | 10.9 |
2013-14 | LA Clippers | 74 | 23.4 | .438 | .360 | .655 | 2.2 | 1.4 | 0.6 | 0.1 | 6.9 |
Total | 523 | 24.1 | .469 | .397 | .737 | 3.4 | 1.5 | 0.9 | 0.2 | 8.7 |