Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de agosto de 1997 (27 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Javier Avilés Cortés, nado en Madrid o 17 de agosto de 1997, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Leganés da Primeira División.
Comezou a xogar ao fútbol no Coslada, debutando co primeiro equipo en 2015. Un ano despois fichou polo Atlético Baleares da Segunda División B, no que apenas contou con oportunidades.[1][2] En xaneiro de 2017 fichou polo Pobla de Mafumet, de Terceira División,[3] e a continuación pasou polo Rayo Cantabria.
No mercado de inverno da tempada 2017/18 fichou polo CD Leganés, sendo asignado inicialmente ao equipo filial.[4] O 30 de outubro de 2018 debutou co primeiro equipo do Leganés, nun partido da Copa do Rei ante o Rayo Vallecano.[5] O 25 de agosto de 2019 debutou na Primeira División, nunha derrota por 0-1 ante o Atlético de Madrid. [6] O 27 de xuño de 2020 marcou o seu primeiro gol na máxima categoría, na derrota do Leganés por 2-1 ante Osasuna.[7]
En xaneiro de 2022 foi cedido ao Tondela da Primeira Liga de Portugal.[8] Con este equipo chegou á final da Copa de Portugal antes de regresar ao Leganés. Na tempada seguinte volveu saír cedido en xaneiro, esta vez ao Lugo.[9] Acumulou dúas cesións máis na tempada 2023/24, ao Amorebieta e ao Málaga CF [10][11]