Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de marzo de 2003 (21 anos) Murcia, España |
Altura | 1,87 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Dianteiro |
Javier Villar del Fraile, coñecido como Javi Villar, nado en Murcia o 15 de marzo de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Unionistas de Salamanca, da Primeira División RFEF, cedido polo Real Madrid Castilla. É irmán do tamén futbolista Gonzalo Villar.
Formouse como futbolista nas categorías inferiores da Asociación Deportiva Azarbe, do UCAM Murcia, do Real Murcia, do FC Barcelona, do Elche e do Real Madrid.[1][2][3] O 21 de maio de 2022 debutou co Real Madrid Castilla na Primeira División RFEF, nun encontro fronte ao Algeciras,[4] e na tempada 2022/23 pasou a formar parte do cadro de xogadores do filial.
Para a tempada 2023/24 foi cedido ao Unionistas de Salamanca, da mesma categoría.[5]
Foi internacional coa selección española sub-19.