Jo Schlesser

Modelo:BiografíaJo Schlesser
Biografía
Nacemento18 de maio de 1928 Editar o valor en Wikidata
Apremont-la-Forêt, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xullo de 1968 Editar o valor en Wikidata (40 anos)
Circuíto Rouen-Les-Essarts, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 7 de xullo de 1968 Editar o valor en Wikidata
Deporterally Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata

Joseph Schlesser, nado en Liouville (Meuse) o 18 de maio de 1928 e finado en Rouen-Les-Essarts (Sena Marítimo) o 7 de xullo de 1968, foi un piloto francés de Fórmula 1 e de carreiras deportivas. Participou en tres Grandes Premios do Campionato do Mundo, incluíndo o Gran Premio de Francia de 1968 no que morreu. Non logrou puntos de campionato. Foi o tío de Jean-Louis Schlesser quen se converteu nun piloto de Fórmula 1 na década de 1980.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Schlesser comezou a súa carreira deportiva en 1952, cando se uniu a Panhard. En 1954 probou a entón popular clase de carreiras francesa coñecida como Monomill.[1] A súa carreira foi entón interrompida durante tres anos mentres estivo traballando en Mozambique, pero regresou a Europa en 1957 cando terminou segundo no Rally de Roma-Liexa-Roma nun Mercedes.[1] Logo correu nun Ferrari 250 GT pero sen moito éxito ata 1960 cando rematou en segundo lugar nos 1000 km de Nürburgring e segundo na xeral en Rouen.[1] Tamén pilotou un Cooper de Fórmula 2 en 1960 pero só logrou un sexto lugar en Siracusa.[1] En 1961 a súa tempada foi cortada por un accidente en Le Mans, pero regresou en 1962 cun Brabham Fórmula Júnior.[1]

En 1964 Schlesser mudouse para a nova Fórmula 2 e converteuse nun competidor altamente recoñecido na Fórmula 2 europea na era pre-europea da Fórmula Dous. En 1966 uniuse ao equipo oficial de Matra de Fórmula 2 e continuou co mesmo equipo como Ford Francia en 1967. En 1968 uniuse ao seu amigo Guy Ligier para correr en McLaren.[1]

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]
Honda RA302.

Schlesser participou no Gran Premio de Alemaña de 1966 en Nürburgring cun Matra MS5-BRM 1.0 litro cunha especificación de Fórmula 2 (F2) e outra vez en 1967 no mesmo sitio cun F2 Matra MS5 - Cosworth 1,6 litros.[2] En 1966, terminou na décima parte da clasificación xeral e terceiro na clasificación de Fórmula 2. En 1967, foi obrigado a retirarse cun problema de embrague logo de dúas voltas.

A verdadeira oportunidade na Fórmula 1 chegou para Schlesser en 1968 con Honda. O equipo Honda completara un motor experimental air-cooled (o RA302) que foi probado polo seu piloto oficial John Surtees. Surtees diagnosticou que non estaba listo para competir e que podería ser unha trampa mortal. Sen pensalo, coa axuda financeira de Honda France, Honda presentouse no Gran Premio de Francia en Ruán. Sendo o heroe local, Schlesser foi contratado para pilotalo.

Logo de dúas voltas, o coche derrapou na curva de "Six Frères" e bateu de costado contra un talude. A carrozaría de magnesio do Honda e combustible para 58 voltas inflamouse instantaneamente, deixando a Schlesser sen posibilidade de supervivencia. Como resultado, Honda retirouse da Fórmula Un ao final da tempada de 1968 logo de que Surtees volvera a negarse a pilotar o coche na carreira italiana do mesmo ano.

Jo Schlesser tamén correu na NASCAR, terminando o décimo oitavo no Daytona 500 de 1964.

Un amigo de Jo Schlesser, o futuro construtor de Fórmula Un, Guy Ligier, sempre numerou os seus tipos de coches comezando con "JS" como homenaxe a Schlesser.

O seu sobriño, Jean-Louis Schlesser, converteuse nun exitoso piloto de carreiras, comezando un Gran Premio de Fórmula Un e gañando o Rally París-Dakar.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Pos. Puntos
1966 Matra Sports Matra MS5 (F2) Cosworth
4 en liña
MON BEL FRA GBR NED ALE
10
ITA USA MEX NC 0
1967 Écurie Ford-France Matra MS5 (F2) Cosworth
4 en liña
RSA MON NED BEL FRA GBR ALE
Ret
CAN ITA USA MEX NC 0
1968 Honda Racing (France) Honda RA302 Honda V8 RSA ESP MON BEL NED FRA
Ret
GBR ALE ITA CAN USA MEX NC 0
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 341. ISBN 0851127029. 
  2. Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 340. ISBN 0851127029. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]