Nome orixinal | (pt) Joana Baptista Vasconcelos |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de novembro de 1971 (53 anos) París, Francia |
Educación | Ar.Co (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura, Artes têxteis (pt) , Xoiaría e jewelry design (en) |
Lugar de traballo | Lisboa |
Ocupación | artista visual, artista téxtil, pintora, deseñadora de xoias |
Representante | Galerie MiniMasterpiece (pt) |
Premios | |
| |
Sitio web | joanavasconcelos.com |
Joana Vasconcelos, nada en París o 8 de novembro de 1971, é unha artista plástica portuguesa contemporánea.
Formouse no AR.CO, en 1996. Traballa frecuentemente coa escultura e a instalación. A súa mais famosa obra, Nectar, pertence á Colección Berardo e está exposta no Museu Colecção Berardo, instalado no CCB. Moitos dos seus traballos están presentes en coleccións privadas europeas. Na Bienal de Venecia, en 2005, a artista representou a Portugal coa obra A Noiva.[1] Gañou diversos premios, incluíndo o concurso do Museu Berardo.
A escultora inspírase nas ambigüidades da vida. O famoso zapato feito de panelas e tampas é un bo exemplo diso. Inspirado no zapato que Marylin Monroe calzou no filme "Os Homes prefiren as Louras", é unha réplica do número 37, o máis usado polas mulleres. Por un lado simboliza o glamour feminino, por outro lembra a través dos tachos as tarefas domésticas reservadas ás mulleres.
Outra das súas obras mais coñecidas, "A Noiva", é unha obra de 20 mil tampóns e foi a peza principal na Bienal de Venecia en 2005. "É unha obra irónica, brinca coa pureza do casamento. Hoxe en día as noivas xa non son tan virxes como parecen e o branco do vestido é enganador", explica.
En febreiro de 2008 inaugurou na Pinacoteca de São Paulo, o proxecto "Contaminação", descrito como "un corpo téxtil, colorido, disforme e tentacular".
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joana Vasconcelos |