Joaquim Manuel de Macedo

Modelo:BiografíaJoaquim Manuel de Macedo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1820 Editar o valor en Wikidata
Itaboraí, Brasil (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte11 de maio de 1882 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Deputado federal do Brasil
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónFaculdade de Medicina da Universidade Federal do Rio de Janeiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Brasilia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmédico escritor, escritor de ciencia ficción, novelista, político, profesor universitario, poeta, xornalista, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteObálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Library of the World's Best Literature Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0209997 BNE: XX1317652 WikiTree: Macedo-91 Editar o valor en Wikidata

Joaquim Manuel de Macedo, nado en 1820 e finado en 1882, foi un médico e escritor brasileiro do período romántico do século XIX.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Joaquim Manuel de Macedo, naceu no Río de Xaneiro en 1820. En 1844 formouse en Medicina no Río de Xaneiro, e o mesmo ano estreou na literatura coa publicación daquel que viría a ser seu novela máis coñecido, "A Moreninha", que lle deu fama e fortuna inmediata. Alén de médico, Macedo foi xornalista, profesor de Xeografía e Historia do Brasil no Colexio Pedro II, e socio fundador, secretario e orador do Instituto Histórico e Xeográfico Brasileiro, desde 1845. En 1849 fundou, xuntamente con Gonçalves Días e Manuel de Araújo Porto-Alegre, a revista Guanabara, que publicou gran parte do seu poema-novela A nebulosa - considerado por críticos como un dos mellores do Romanticismo. Foi membro do Consello Director da Instrución Pública da Corte (1866).

Joaquim Manuel de Macedo abandonou a medicina e creou unha forte conexión con Don Pedro II e coa Familia Imperial Brasileira, chegando a ser preceptor e profesor dos fillos da Princesa Isabel. Era amigo íntimo e confidente dunha celebridade da Corte, Manuel José de Araújo Porto-Alegre, Cónsul do Brasil na Alemaña, de quen recibiu unha longa e histórica correspondencia pola cal o remitente se declara un espírito convicto e apaixonado polo credo que na metade do século XIX fóra codificado por Allan Kardec, na Francia.

Macedo tamén actuou decisivamente na política, tendo militado no Partido Liberal, servíndoo con lealdade e firmeza de principios, como o proban seus discursos parlamentarios, conforme relatos da época. Durante a súa militancia política foi deputado provincial (1850, 1853, 1854-59) e deputado xeral (1864-1868 e 1873-1881). Os últimos anos de vida padeceu de problemas mentais, morrendo pouco antes de completar 62 anos.