Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1814 Condado de Roscommon, Irlanda |
Morte | 15 de setembro de 1866 (52 anos) |
Causa da morte | cólera |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Glasnevin |
Membro do 19º Parlamento do Reino Unido | |
11 de xullo de 1865 – 15 de setembro de 1866 (finado no cargo) Lexislatura: 19th Parliament of the United Kingdom (en) Circunscrición electoral: Tipperary (en) | |
Datos persoais | |
Educación | Trinity College Dublín |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | político |
Familia | |
Cónxuxe | Adelaide Hart |
Fillos | Charles Paul Dillon, William Dillon, Christina Dillon, unknown son Dillon, Rosalie Dillon, John Dillon, Henry Dillon |
Pais | Luke Dillon e Anne Blake |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, 1885–1900 (en) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
John Blake Dillon, nado en Ballaghaderreen o 5 de maio de 1814 e finado o 15 de setembro de 1866 en Killarney, foi un escritor e nacionalista irlandés e un dos fundadores do movemento Irlanda Nova.[1]
En 1847 William Smith O'Brien, o líder do partido Irlanda Nova, converteuse nun dos fundadores da Confederación Irlandesa,[2] e fixo campaña en contra da Acta de Unión de 1800, e clamaba polo fin das exportacións de gran e o peche dos portos.[3] Ao ano seguinte, organizou unha resistencia de traballadores sen terra no Condado de Tipperary contra os propietarios das terras e os seus axentes.
Entre o 23 e o 29 de xullo de 1848, O'Brien, Meagher e Dillon apelaron á revolta a medida que viaxaban polos condados de Wexford, Kilkenny e Tipperary. A última gran reunión dos líderes de Irlanda Nova tivo lugar o 28 de xullo, ao día seguinte, O'Brien estaba nun local onde había barricadas, chamado "The Commons", tentando evitar a prisión refuxiándose nunha casa e facendo algúns reféns. O'Brien viuse obrigado a falar coa policía a través dunha xanela e afirmaría "Somos todos Irlandeses. Deixei as armas e serán libres"[4]. Porén, algo ocorreu que desencadeou nun tiroteo no que se rexistraron varios feridos. Varios líderes participantes na revolta foron acusados e condenados por sedición, o que implicaba a pena de morte. As súas sentenzas foron conmutadas despois por un desterro na Terra de Van Diemen (Tasmania), onde foron separados en varias colonias penais. Meagher e John Mitchel conseguiron escapar e emigraron para os Estados Unidos na década de 1850.