Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xuño de 1930 Buckfast, Devon |
Morte | 13 de marzo de 2012 Xibraltar |
País de nacionalidade | británica |
Educación | Universidade McGill |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Familia | |
Cónxuxe | Lina Searle |
Fillos | Dominique Searle |
Jon Morgan Searle, nado en Buckfast (Devon) o 22 de xuño de 1930 e finado en Xibraltar o 13 de marzo de 2012, foi un xornalista xibraltareño e editor do Gibraltar Chronicle. Tamén foi correspondente da axencia de noticias Reuters e do The Times de Londres.
Na súa infancia, mudouse para o Canadá despois da morte de súa nai, e foi creado por amigos da familia. Formouse en artes plásticas na Universidade McGill, no Quebec, antes de regresar ao Reino Unido, onde serviu no Royal Army Educational Corps.[1]
Durante o servizo militar, foi enviado a Xibraltar, por primeira vez, onde ensinou arte e coñeceu a súa futura esposa, Lina. A parella volveu a Inglaterra, onde Lina estudou fisioterapia en Manchester e Jon graduouse en socioloxía en Liverpool. Despois de completar os seus estudos, a parella viviu por algún tempo en Coventry, antes de regresar a Xibraltar.[1]
No Peñón, Searle traballou como oficial de xustiza e profesor na Escola St. Jago, en finais dos anos 1950. Neste momento, apareceu unha oportunidade para integrar o equipo de xornalistas do Gibraltar Chronicle, e en 1966, Searle converteuse en editor do xornal, cargo que ocupou ata 1986. Durante este tempo el tamén foi correspondente da Reuters e The Times de Londres, informando sobre Xibraltar e toda a rexión.[1]
Searle tamén actuou como secretario da Biblioteca Garrison por moitos anos. O seu fillo, Dominique tamén se fixo editor do Chronicle en 1996.[2]
Jon Searle morreu o 13 de marzo de 2012.[1]