![]() ![]() | |
Nome orixinal | Joseph Charles Corneille Bequaert |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de maio de 1886 ![]() Torhout, Bélxica ![]() |
Morte | 12 de xaneiro de 1982 ![]() Amherst, Estados Unidos de América ![]() |
Formación profesional | Doutor en Botánica |
Educación | Universidade de Gante ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, entomoloxía e Malacoloxía ![]() |
Ocupación | botánico, entomólogo, malacólogo, naturalista, zoólogo, coleccionista de plantas ![]() |
Empregador | Museum of Comparative Zoology (en) ![]() Universidade de Houston Universidade Harvard ![]() |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Bequaert ![]() |
Arquivos en | |
Familia | |
Irmáns | Michel Bequaert ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Joseph Charles Bequaert (en) ![]() ![]() |
Joseph Charles Bequaert, nado o 24 de maio de 1886 en Torhout (Flandres Occidental) e finado o 12 de xaneiro de 1982 en Amherst, Massachusetts,[1] foi un naturalista estadounidense de orixe belga.
Bequaert estudou na Universidade de Gante onde obtivo en 1908 o grao de doutor en botánica.
Desde 1910 a 1912 traballou como entomólogo na Comisión Belga sobre a enfermidade do soño.
Desde 1913 a 1915 traballou como botánico no Congo belga, onde ademais realizou recoleccións de moluscos.
En 1916 migrou aos Estados Unidos de América. Desde 1917 a 1922 foi investigador asociado no American Museum of Natural History (Museo Norteamericano de Historia Natural). Naturalizado estadounidense en 1921, ensinou entomoloxía na Harvard Medical School.
Desde 1929 a 1956 foi conservador de insectos no Museum of Comparative Zoology (Museo de Zooloxía Comaperada), onde ocupou a "cadeira Agassiz" de zooloxía desde 1951 a 1956.
En 1959, Bequaert foi elixido presidente da American Malacological Union (Unión Malacolóxica dos Estados Unidos). Deixou estas funcións en 1956 en que se traladou a Houston onde impartiu clases de zooloxía na súa Universiade até 1960.
Xunto con Walter Bernard Miller publicou The Mollusks of the Arid Southwest (Os moluscos do árido suroeste) en 1973.
Bequaert foi membro de diversas sociedades científicas, como a Sociedade Zoolóxica de Francia, a Sociedade Entomolóxica dos Estados Unidos de América, a Real Sociedade Belga de Entomoloxía, a Sociedade Belga de Medicina Tropical, o Instituto Real Colonial de Bélxica, a Koninklijk Natuurwetenschappelijk Genootschap Dodonaea (Real Sociedade Científica Dodonaea, dos Países Baixos), a Sociedade de Historia Natural de África do Norte, entre outras.
En honor de Bequaert nomeouse o taxon Bequaertiodendron magalismontanum (Sond.) Heine & J.H.Hemsl, hoxe clasificado como Englerophytum magalismontanum (Sond.) T.D.Penn.
Bequaert foi honrado con varios nomes de formigas. Na lista adxunta só figuran os nomes válidos (a partir de xullo de 2016).
Bequaert tamén foi honrado cos nomes científicos dunha especie de serpe e dúas de ras:[15][16]
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Joseph Charles Bequaert |