Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Josu Jon Imaz San Miguel, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 6 de setembro de 1963, é un político vasco.
Licenciouse en Química na Universidade do País Vasco en Donostia co premio extraordinario de fin de carreira, e doutorouse tamén na mesma facultade en 2004. Especializado en polímeros, traballa para o centro tecnolóxico INASMET na década dos oitenta, época durante a que fai unha estadía no CETIM de Nantes. A partir de 1989, traballa como promotor industrial no Grupo Cooperativo Mondragón, e en 1991 regresa ao INASMET, onde permanece ata o seu salto á política.
En xuño de 1994 é elixido eurodeputado nas eleccións europeas, cargo que desempeña ata o seu nomeamento o 7 de xaneiro de 1999 como conselleiro de Industria, Comercio e Turismo do Goberno Vasco e portavoz do propio Goberno Vasco.
A partir do Consello de Goberno celebrado con data 17 de xullo de 2001 é novamente titular da carteira de Industria, Comercio e Turismo do Goberno Vasco e portavoz do mesmo, cargos que desempeña ata o 13 de xaneiro do 2004.
Finalmente, na Asemblea Xeral do Partido Nacionalista Vasco, celebrada os días 17 e 18 de xaneiro de 2004, é elixido presidente do Euzkadi Buru Batzar (executiva nacional), cargo en que permanece durante 3 anos, ata ser substituído por Iñigo Urkullu.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josu Jon Imaz |
Predecesor: Xabier Arzalluz |
22º Presidente do Euskadi Buru Batzar 18 de xaneiro de 2004 - 1 de decembro de 2007 |
Sucesor: Íñigo Urkullu |
Está casado, ten tres fillos e vive en Donostia.