(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Antonio Hermida Ramos 24 de agosto de 1978 (46 anos) Puigcerdà, España |
Altura | 172 cm |
Actividade | |
Ocupación | ciclista |
Deporte | Ciclismo de montaña Ciclocross |
Participou en | |
2016 | ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
2012 | Q51077346 (5º) |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
Premios | |
José Antonio Hermida Ramos, nado en Puigcerdà o 24 de agosto de 1978, é un ciclista de montaña galego-catalán, especialista en campo a través. Proclamouse campión do mundo no ano 2010, campión de Europa en 2002, 2004 e 2007, e participou en cinco Xogos Olímpicos (Sydney 2000, Atenas 2004, Pequín 2008, Londres 2012 e Río 2016), logrando unha medalla de prata en Atenas.[1]
Naceu no concello catalán de Puigcerdà, sendo fillo de dous emigrantes galegos, a nai de Tioira, Maceda, e o pai de Baños de Molgas.[2] Na súa infancia pasou tempadas na aldea de Meamán, onde andaba en bicicleta polas corredoiras e montes do lugar.[3] En 1996 foi campión do mundo júnior de ciclismo de montaña,[4] e no ano 2000 campión do mundo sub-23.[5]
Participou nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney, rematando ás portas das medallas, ao acabar a proba de campo a través na cuarta posición.[6] Ao ano seguinte conseguiu a prata na Copa do Mundo de Ciclismo de Montaña, mesmo resultado que repetiu en 2005, 2007 e 2009. Ademais foi campión de Europa nos anos 2002, 2004 e 2007.
Nos Xogos Olímpicos de Atenas conseguiu a medalla de prata por detrás do francés Julien Absalon e por diante do neerlandés Bart Brentjens.[7][8] Foi campión de España de ciclocrós en 2007 e 2008,[9] mentres que na seguinte cita olímpica, Pequín 2008, só puido ser décimo.[10] Dous anos despois proclamouse campión do mundo de campo a través, ao impoñerse na proba celebrada no Quebec ao checo Jaroslav Kulhavý e ao surafricano Burry Stander.[11]
Volveu quedar preto das medallas nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, rematando cuarto, a só catro segundos do bronce do italiano Marco Aurelio Fontana.[12] En 2016 participou nos seus quintos Xogos, os de Río de Xaneiro, onde só puido ser 16º,[13] e pouco despois anunciou a súa retirada da alta competición.[14]
Ten contribuído ao impulso do ciclismo de montaña na provincia de Ourense, colaborando en diversos proxectos, como a escola de ciclismo de Maceda que leva o seu nome.[15][16]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Antonio Hermida |