José Pedro Pérez-Llorca Rodrigo, nado en Cádiz o 30 de novembro de 1940 e finado en Madrid o 6 de marzo de 2019, foi un político, diplomático e xurista español, un do sete pais da actual Constitución española.[1]
Trasladado coa familia a Madrid, alí cursou os seus estudos secundarios e licenciouse en Dereito pola Universidade Complutense con premio extraordinario fin de carreira. Complementou os seus estudos en diversos países europeos o que lle permitiu ingresar na carreira diplomática e, máis tarde, acceder por oposición ás Cortes Xerais como letrado.
Integrouse na Unión de Centro Democrático (UCD). Na lexislatura constituínte foi escolleito polo seu partido como un dos sete poñentes constitucionais. Posteriormente, Adolfo Suárez nomeouno na I Lexislatura sucesivamente ministro da Presidencia, ministro de Administración Territorial en 1980 e, ese mesmo ano, nunha nova remodelación do goberno, ministro de Asuntos Exteriores, cargo que ocupou tamén tras o errado golpe de estado de 1981 co goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo e até a vitoria electoral do Partido Socialista Obreiro Español no outono de 1982. Foi deputado no Congreso desde 1977 até 1982.
A fin da UCD levoulle a abandonar a actividade política, dedicándose á súa profesión como avogado. Tamén participou en diversas empresas nacionais e internacionais como socio, accionista ou conselleiro (Kuwait Petroleum, Iberia, Loewe), compaxinando dita actividade coa de profesor encargado de Dereito Constitucional na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense de Madrid. Foi doutor honoris causa pola Universidade Nacional de Educación a Distancia en 1991 por ser un do sete relatores, chamados pais da Constitución española de 1978, así como da Universidade Europea e a Universidade Pontificia Comillas en 2018. En outubro de 2012 foi elixido presidente do Padroado do Museo del Prado.[2]
Foi fundador do bufete de avogados Pérez-Llorca.[3] Colaborou coa organización católica Lexionarios de Cristo.[4][5] A súa filla Carmen foi deputada na Asemblea de Madrid e ocupou diferentes cargos durante os gobernos de Esperanza Aguirre.[6]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Pedro Pérez-Llorca |
Predecesor: José Manuel Otero Novas |
Ministro da Presidencia 6 de abril de 1979-3 de maio de 1980 III Goberno Suárez |
Sucesor: Rafael Arias-Salgado Montalvo |
Predecesor: Antonio Fontán |
Ministro de Administración Territorial 3 de maio de 1980 - 9 de setembro de 1980 (III Goberno Suárez) |
Sucesor: Rodolfo Martín Villa |
Predecesor: Marcelino Oreja Aguirre |
Ministro de Asuntos Exteriores 9 de setembro de 1980 - 1 de decembro de 1982 (III Goberno Suárez e Gobierno Calvo-Sotelo) |
Sucesor: Fernando Morán López |