![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de novembro de 1944 ![]() O Valadouro, España ![]() |
Morte | 7 de marzo de 2022 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | historiador ![]() |
![]() |
José Ricardo Díaz Pardeiro, nado en Ferreira do Valadouro (O Valadouro) o 19 de novembro de 1944 e finado na Coruña o 7 de marzo de 2022, foi un escritor e historiador galego.
Exerceu coma catedrático de Xeografía e Historia no IES Eusebio da Guarda da Coruña. Publicou diversos libros e traballos de investigación histórica e colaborou en xornais como La Voz de Galicia e La Opinión, nos que analizou a historia da Coruña. Aplica a socioloxía histórica á análise da sociedade, tomando como fonte histórica o teatro, unha manifestación do lecer e do tempo libre que serviu para estudar a sociedade coruñesa desde 1882 a 1915, con resultados semellantes aos empregados con outras fontes económicas ou políticas.
Colaborou nos estudos sobre a figura do dramaturgo coruñés Manuel Linares Rivas, dirixidos por Fidel López Criado, profesor de Literatura Española da Universidade da Coruña. Realizou un ensaio sobre a figura de Wenceslao Fernández Flórez, Un escritor de pensamento liberal, no que estuda a ideoloxía do escritor de Cecebre a raíz da súa obra O malvado Carabel, que confirma o talante liberal e crítico de Fernández Flórez, en contraposición coa idea que del se tiña de ser un escritor de pensamento ultraconservador.