Jude o escuro | |
---|---|
Cuberta da edición orixinal en lingua inglesa de 1895. | |
Título orixinal | Jude the Obscure |
Autor/a | Thomas Hardy |
Ilustrador/a | Henry Macbeth-Raeburn |
Orixe | Inglaterra |
Lingua | inglés |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Osgood, McIlvaine, & Co. editorial Hugin e Munin |
Data de pub. | 1895 2014 |
Precedido por | Tess of the d'Urbervilles |
Seguido por | The Well-Beloved |
Tradución | María Fe González |
[ editar datos en Wikidata ] |
Jude o escuro[1] (en inglés: Jude the Obscure) é a última novela completa do autor inglés Thomas Hardy. Inicialmente apareceu en revistas e foi publicada por vez primeira en forma de libro no ano 1895.
Foi traducido ó galego por María Fe González[2] e foi publicado pola Editorial Hugin e Munin no ano 2014.[1]
Trátase dunha novela extensa na que o protagonista, Jude Fawley, é un mozo orfo de clase baixa que traballa como restaurador e eslumece por entrar na Universidade e devir un erudito. O outro personaxe principal é Sue Bridehead, a súa curmá. Entre eles existe un nexo íntimo que supón un dos elementos centrais da obra. Outros temas que trata son a cuestión de clase, a educación, a relixión e os seus dogmas ou o concepto de matrimonio.
A novela foi adaptada ao cinema e á televisión. Así, existe o filme Jude the Obscure, de 1971, dirixido por Hugh David, cos actores Robert Powell e Fiona Walker. Tamén hai unha versión máis actual, Jude, de 1996, do realizador Michael Winterbottom, coa participación dos actores Christopher Eccleston e Kate Winslet.
Fíxose tamén un musical, cuxo libreto é de Ian Finley, e que foi estreado no Burning Coal Theatre Company de Raleigh en abril de 2012.
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Jude o escuro |