(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1989 (35 anos) Foley, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Foley High School (en) Universidade do Alabama (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 191 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 100 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Wide receiver (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Quintorris Lopez "Julio" Jones, máis coñecido como Julio Jones, nado o 3 de febreiro de 1989 en Foley, no condado de Baldwin (Alabama), é un xogador profesional estadounidense de fútbol americano que xoga como wide receiver para os Atlanta Falcons da National Football League (NFL). Tras formarse na Universidade de Alabama, entrou na NFL no darft de 2011 onde polos Falcons no sexto lugar da primeira rolda.
Nado en Foley (Alabama) Jones asistiu ao Foley High School da súa cidade natal, onde xogou no equipo de fútbol americano do instituto, os Foley Lions, como wide receiver e defensive end entre 2004 e 2007. No seu último ano, logrou 75 recepcións para 1.306 iardas e 16 touchdowns. Considerado un recruta de cinco estrelas por Rivals.com,[1] foi catalogado como o wide receiver número un da súa promoción no país en 2008. O 6 de febreiro de 2008, anunciou en directo por ESPNU a súa decisión de unirse á Universidade de Alabama.[2]
Tras acabar o seu periplo universitsario, Jones foi seleccionado polos Atlanta Falcons no sexto posto da primeira rolda do Draft da NFL de 2011. Os Falcons trocaron cinco eleccións de draft (27, 59 e 124 de 2011, e primeira e cuarta rolda de 2012) aos Cleveland Browns a cambio desta sexta elección.[3] Unha vez en Atlanta escolleu o dorsal número 11 posto que foi o ano en que foi elixido. O 29 de agosto de 2015, Jones renovou cinco anos máis o seu contrato cos Falcons por un valor de 71,5 millóns de dólares, 47 millóns garantidos.[4] Na cuarta xornada da temporada 2016, Matt Ryan, quarterback dos Falcons, lanzou 503 iardas de pase conseguindo catro touchdowns, dos cales Jones capturou 12 para 300 iardas e un touchdown, conseguindo a vitoria por 48-33 fronte os Carolina Panthers. Ryan e Jones convertéronse así no primeiro dúo de quarterback-receptor da historia de la NFL en conseguir 500 iardas de pase e 300 de recepción nun mesmo partido.[5]