Junts pel Sí | |
---|---|
Acrónimo | JxSí |
Tipo | coalición electoral |
Ideoloxía | Independentismo catalán, Republicanismo e valores europeus |
Data de fundación | 20 de xullo de 2015 |
Data de disolución | 28 de outubro de 2017 |
Sede | Barcelona |
País | España |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Junts pel Sí (JxSí, en galego: Xuntos polo Sí) é unha coalición electoral independentista formada para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015. Está formada principalmente por Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) e Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e o seu obxectivo é a independencia de Cataluña.
Tamén conta coa participación de Demòcrates de Catalunya, Moviment d'Esquerres, Avancem e Reagrupament Independentista, e o apoio de Catalunya Sí, Solidaritat Catalana per la Independència e Estat Català.
Contou co apoio de Catalunya Sí, Solidaritat Catalana per la Independència, Els Verds - Alternativa Verda (que forma parte de Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent) e Estat Català.[1][2][3] Outras agrupacións da sociedade civil, como a Assemblea Nacional Catalana (ANC), Òmnium Cultural e Súmate, e partidos políticos coma o Partit Socialista d'Alliberament Nacional (PSAN), apoian esta candidatura e tamén Candidatura d'Unitat Popular - Crida Constituent, por ter as dúas como obxectivo a independencia de Cataluñaa.[4][5]