O KAmioka GRAvitational wave detector, KAGRA, é un interferómetro detector de ondas gravitacionais xaponés.[1]
Comezado en 2010 e rematado en 2019, situado na mina de Kamioka, concello de Hida na prefectura de Gifu, a 200 m baixo terra, entrou en funcionamento o 25 de febreiro de 2020.[2] O cuarto construído a nivel mundial, axudará a triangular as fontes de ondas gravitacionais, mellorando o cálculo da súa posición. Como os outros detectores gravitacionais, é capaz de medir pequenas variacións de distancias ó paso de ondas gravitacionais intensas. A primeira de tales deteccións foi feita polas instalacións LIGO (Laser-Interferometer Gravitational-Wave Observatory, 2 observatorios) en 2015 nos EEUU, podendo só indicar a posición cara á constelación de Orión. O outro dos detectores é o italiano Observatorio Virgo Avanzado (Advanced Virgo observatory)
Está feito de dous túneles en L de 3 km cada un, con espellos a 20 K (-253 °C) nos seus extremos. En KAGRA participan uns 400 científicos de máis de 100 institucións.[1]