Kamo no Mabuchi

Modelo:BiografíaKamo no Mabuchi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 賀茂 真淵 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1697 Editar o valor en Wikidata
Iba, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de novembro de 1769 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Edo, Xapón Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaTōkai-ji (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista, filósofo, poeta, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTayasu House (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresKada no Azumamaro e Kuniakira Sugiura (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosMotoori Norinaga, Arakida Hisaoyu (en) Traducir, Katō Chikage (pt) Traducir, Murata Harumi (en) Traducir, Katori Nahiko (en) Traducir, Hanawa Hokiichi (pt) Traducir, Kurita Hijimaro (en) Traducir, Yuya Shizuko (en) Traducir, Toki Tsukubako (en) Traducir, Udono Yonoko (en) Traducir e Katō Umaki (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParentesKamo Taketsunomi, devanceiro Editar o valor en Wikidata

Kamo no Mabuchi (xaponés: 賀茂真淵), nado o 24 de abril do 1697 e finado o 27 de novembro do 1769, foi un erudito da escola kokugaku, poeta e filólogo xaponés do período Edo.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Busto de Mabuchi en Hamamatsu

Mabuchi naceu no 1697 na vila de Iba, na provincia de Tōtōmi (actual cidade de Hamamatsu, en Shizuoka), terceiro fillo de Okabe Masanobu.[2] Os Okabe eran os kannushi do templo de Kamo, en Kyoto, mais o seu pai era dunha póla secundaria do clan e traballaba como granxeiro. No 1707, Mabuchi comezou os seus estudos con Sugiura Kuniakira, un erudito da kokugaku que tiña a súa academia privada en Hamamatsu, e que fora discípulo de Kada no Azumamaro.[2] Mabuchi casou no 1723, pero a súa esposa faleceu ao ano seguinte. Aos trinta e sete anos, trasladouse a Kyoto para estudar directamente con Kada no Azumamaro.[2] Tras a morte do mestre no 1736, Mabuchi mudouse a Edo no 1738, onde ensinou as doutrinas da kokugaku. No 1746, foi contratado por Tokugawa Munetake, líder da póla Tayasu do clan Tokugawa.

No 1763, mentres viaxaba cara ao templo de Ise, Mabuchi foi visitado por Motoori Norinaga, que desexaba ser o seu discípulo. Nunha soa noite, coñecida posteriormente como "a noite de Matsuzaka", Norinaga recibiu as ensinanzas de Mabuchi. Non volverían a verse nunca en persoa, aínda que mantiveron unha correspondencia.

Mabuchi faleceu en Edo no 1769, aos 73 anos de idade.[2] A súa tumba atópase no cemiterio Tōkai-ji de Shinagawa, e foi designado un Sitio Histórico Nacional no 1926.[2][3] Unha placa conmemora a Mabuchi na súa residencia en Edo, e preto da súa casa de Hamamatsu pode atoparse un museo no seu nome.

Xunto con Kada no Azumamaro, Motoori Norinaga e Hirata Atsutane, é un dos catro grandes pensadores da kokugaku. A través do seu estudo do pensamento nipón antigo (especialmente, do Man'yōshū e outras obras da literatura clásica), elaborou a súa teoría do magokoro, que el consideraba fundamental para comprender a historia do Xapón.[4][5] De maneira independente ao seu contemporáneo Motoori Norinaga, descubriu a chamada lei de Lyman, que rexe o funcionamento do rendaku na lingua xaponesa, e que despois sería atribuída ao estadounidense Benjamin Smith Lyman.

Entre os traballos de Mabuchi, hai comentarios sobre o Home'yōshū, os norito (oracións propias do shintō), as kagura (danzas do shintō), o Genji monogatari, e numerosos poemas, ademais de pezas sobre moi distintos temas. A súa obra máis recoñecida é o Kokuikō, na que manifesta o seu rexeitamento polo pensamento e a literatura chinesas, glorificando a antigüidade nipoa.[1]

Mabuchi foi tamén un gran poeta, recoñecido por recuperar o estilo antigo propio do Man'yōshū, que na súa época caera en desuso.[2] Atribúenselle arredor de mil poemas waka.[2]

Entre os seus discípulos, inclúense Motoori Norinaga, Arakida Hisaoyu, Kato Chikage, Murata Harumi, Katori Nahiko, Hanawa Hokiichi, Uchiyama Matatsu e Kurita Hijimaro.

  1. 1,0 1,1 "Kamo Mabuchi - Edo Period Poet, Haiku Master - Britannica". www.britannica.com (en inglés). 2024-01-01. Consultado o 2024-01-18. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "賀茂真淵について|賀茂真淵記念館【浜松生まれの国学者、賀茂真淵】". mabuchi-kinenkan.jp. Consultado o 2024-01-18. 
  3. "加茂真淵墓 文化遺産オンライン". bunka.nii.ac.jp (en xaponés). Consultado o 2024-01-18. 
  4. Ansart, Olivier (1994). "Études Anciennes et Études Nationales dans le Japon du XVIIIème siècle : la Nature, l'Artifice et le Mal chez Ogyû Sorai et Motoori Norinaga". Ebisu - Études Japonaises 4 (1): 49–75. doi:10.3406/ebisu.1994.896. 
  5. López-Vera, Jonathan (2014). "Motoori Norinaga y los Kokugaku, sospechosos habituales" (PDF). Kokoro: Revista para la difusión de la cultura japonesa (en castelán) (15): 10–21. ISSN 2171-4959.