Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1807 Núremberg |
Morte | 1834 (26/27 anos) Náuplia, Grecia (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Baviera |
Educación | Universidade de Múnic |
Actividade | |
Ocupación | ornitólogo , médico , coleccionista de animais , zoólogo , herpetólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Michahelles |
Karl Georg Christian Wilhelm Michahelles, nado o 5 de maio de 1807 en Núremberg, e finado o 15 de agosto de 1834 en Nauplia, Grecia, foi un médico e zoólogo alemán, especializado en ornitoloxía e herpetoloxía.
Desde 1827 estudou medicina na Universidade de Múnic, onde coñeceu ao naturalista Lorenz Oken.
En 1831 recibiu o seu doutoramento en Medicina e Cirurxía coa tese "Das Malo Di Scarlievo in Historischer Und Pathologischer Hinsicht".[1]
Michahelles viaxou moito a Dalmacia, Iliria e Croacia e contribuíu de forma moi importante ao coñecemento da fauna aviaria destas rexións.
Entre as especies mediterráneas que identificou, pódense citar a Sitta neumayer, especie de paseriforme da familia dos sítidos[2] e o urodelo Pleurodeles waltl, da familia dos salamándridos.[3]
Faleceu a causa dunha disentería, á idade de 27 anos, en Nauplia, Grecia, cidade onde practicou a medicina e estudou a vida salvaxe.[1]
Unha especie de gaivota, Larus michahellis foille dedicada en 1840 por Johann Friedrich Naumann.[6]
A abreviatura Michaelles emprégase para recoñecer a Karl Michahelles como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.