Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1941 (83 anos) Syracuse, Estados Unidos de América |
Educación | University of California, Berkeley Graduate School of Education (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Socioloxía, feminismo e Proxenetismo |
Ocupación | socióloga, feminista, activista, profesora universitaria |
Empregador | Universidade Brandeis Pennsylvania State University |
Sitio web | kathleenbarry.net… |
Kathleen Barry, nada en Syracuse, Nova York o 22 de xaneiro de 1941, é unha socióloga feminista estadounidense.[1] Activista en primeira liña do feminismo radical nos anos 60 e 70 foi pioneira na denuncia do tráfico de mulleres e a explotación sexual. Foi cofundadora da ONG Coalición Contra o Tráfico de Mulleres (CATW) que coa Unesco expuxo unha serie de propostas dirixidas á Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas para que se considerase explicitamente como un dereito fundamental da persoa o estar libre da explotación sexual.[2][3] En 1985, recibiu o Premio da Fundación Wonder Woman polo seu compromiso no apoderamento das mulleres.[4] No presente é profesora emérita da Universidade Estatal de Pensilvania.