Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antonio Cánovas del Castillo y Vallejo 22 de decembro de 1862 Madrid, España |
Morte | 13 de setembro de 1933 (70 anos) Madrid, España |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro |
Deputado das Cortes | |
Datos persoais | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | fotógrafo, pintor, crítico de arte, político, avogado, escritor |
Empregador | Blanco y Negro La Ilustración Española y Americana Mundo Gráfico Nuevo Mundo |
Xénero artístico | Retrato fotográfico |
Pseudónimo literario | Kaulak Vascano Dalton Kaulak |
Familia | |
Pai | Emilio Cánovas del Castillo |
Irmáns | Máximo Cánovas del Castillo José Cánovas y Vallejo |
Parentes | Antonio Cánovas del Castillo, tío |
Premios | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Cánovas del Castillo y Vallejo (Antonio), p.69) Q131400592 , (sec:Cánovas Vallejo (Antonio), p.118) |
Antonio Cánovas del Castillo y Vallejo, máis coñecido polo seudónimo Kâulak, nado en Madrid o 22 de decembro de 1862 e finado ibídem o 13 de setembro de 1933, foi un fotógrafo español.
Era sobriño do Presidente do Goberno de España Antonio Cánovas del Castillo. En 1901, colaborou cos fotógrafos de orixe suíza, Oscar Hauser Muller e Adolfo Menet Kurstiner, que fundaran en Madrid unha empresa de artes gráficas, a casa Hauser y Menet, moi coñecida polas súas series de postais. Entre os 1904 e 1933 puxo en marcha o estudo Kâulak no número 4 da rúa Alcalá,[1] converténdose nun dos máis prestixiosos de Madrid. No seu estudo retratou a familia real, a aristocracia e a burguesía. Foi membro fundador da Sociedade Xeral de Fotógrafos de España e en 1918 cofundou a sociedade nacional de empresarios Unión Fotográfica. Ao final da súa vida lograra formar un grande arquivo fotográfico, constituído na actualidade por unhas 58 000 imaxes, entre negativos e positivos, que son propiedade do Estado e que se conservan na Biblioteca Nacional de España.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kaulak |