(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Louis Kevin Celestin 25 de agosto de 1992 (32 anos) Porto Príncipe, Haití |
Outros nomes | Kaytranada |
Actividade | |
Ocupación | produtor musical, compositor, disc-jóckey |
Período de actividade | 2010 - |
Xénero artístico | Música hip hop, música electrónica, música para bailar, R&B contemporáneo, Funk e house |
Selo discográfico | XL Recordings RCA Records |
Páxina web | kaytranada.com |
Louis Kevin Celestin, nado en Porto Príncipe, Haití, o 25 de agosto de 1992 , é un músico electrónico e compositor canadense, traballa baixo o nome artístico de Kaytranada.
No ano 2012 Kaytranada acadou sona internacional cun remix non oficial de Janet Jackson, traballo que obtivo 9 millóns de escoitas públicas [1][2]. Tras o evento o artista abandona os estudos medios e comeza a xirar como DJ no Canadá, país de emigración da súa familia, e Europa. No ano 2014 firma co selo londiniense XL Recordings, casa de M.I.A. ou Adele. Durante os dous anos seguintes Kaytranada produce obra dun xeito estábel ("Drive Me Crazy," con colaboración de Vic Mensa) o aclamado álbum "99.9%", "Girl", "Lite Weight", "Love" e "Honey" (Katy B). Con "99.9%" o artista obtén o galardón Polaris Music Prize e comeza a colaborar con artistas de renome como Gorillaz, Snoop Dogg ou Kendrick Lamar, pasando ao 2018 onde asina contrato co selo multinacional RCA para o traballo "Nothin Like U/Chances" un EP electrónico con baterías lixeiras e etéreas para a pista de baile.[3]
O estilo de música electrónica de Kaytranada foi clasificado como Future Beats [4]
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
99.9% | 2016 | XL Recordings |