Nome orixinal | (ja) こだか和麻 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de novembro de 1969 (55 anos) Kōbe, Xapón |
Actividade | |
Ocupación | ilustradora, Mangaka |
Período de actividade | 1989 - |
Sitio web | k2c.qee.jp |
Kazuma Kodaka (xap. こだか和麻, Kodaka Kazuma), nada en Kōbe o 16 de novembro de 1969, é unha debuxante de manga xaponesa.
Comezou a súa carreira en 1989 no magacine Shōnen Champion co manga Sessa Takuma! [1]. Acadou fama cos seus mangas do xénero yaoi, con escenas eróticas entre homes novos. Tamén ten realizado dōjinshi, ou parodias de mangas e animes coñecidos, como Yoroiden Samurai Troopers, Slam Dunk, Hikaru no Go, Tenisu no Ōjisama, Hagane no renkinjutsushi, Yakitate!! Japan ou Gankutsuou.
Os seus mangas máis coñecidos son Not Ready!? Sensei e Kizuna. Neles aparecen os heroes andróxinos típicos do manga shōjo.
En galego editouse Bícame profe (xap. 腐った教師の方程式 Kusatta Kyōshi no Hōteishiki) en varios volumes.