Kiekko-Vantaa

Kiekko-Vantaa
Fundación1994
Cidade Vantaa,
Uusimaa
Finlandia Finlandia
EstadioTrio Areena
(3 700 espectadores)
LigaMestis
AdestradorFinlandia Mika Niskanen
Afiliado(s)Hunters (Suomi-sarja)
CoresAzul, laranxa e branco
                 
Na rede
https://kiekko-vantaa.fi/

O Kiekko-Vantaa é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vantaa (Finlandia). Foi fundado en 1994 e compite na segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, a Mestis, dende a súa creación no ano 2000; o seu mellor resultado na competición foi o segundo posto conseguido no 2003. Xoga os seus partidos como local no Trio Areena, un pavillón con capacidade para 3 700 espectadores.

Dende 2017 é o club afiliado a Jokerit de Helsinqui, representante de Finlandia na Kontinental Hockey League (KHL). Na tempada 2019-20 ambos equipos asinaron un novo acordo que estará vixente ata o final da tempada 2022-23.[1]

Antecedentes e fundación

[editar | editar a fonte]

Antes da fundación do equipo había varios equipos na cidade de Vantaa: o Vantaan Kiekko (VaKi), fundado en 1974 e que competiu na 1-divisioona durante a tempada 1987-88; Tikkurilan Jää-Veikot (TJV), fundado en 1958 e que tamén xogou na 1-divisioona a tempada 1985-86; ou o Vantaa Hockey Team (VHT), que durante tres tempadas disputou a 1-divisioona (1990-1993).[2]

En 1994 fundouse o Kiekko-Vantaa, cuxos estatutos asináronse o 28 de xuño dese mesmo ano. Os encargados de asinalos foron Harri Mäntynen (Tikkurilan Jää-Veikot Ry), Matti Saari (Etelä-Vantaan Urheilijat Ry), Pertti Ahlroos (Länsimäen Kiekko Ry), Raine Heinonen (Vantaan Kiekko Ry) e Matti Laaksonen (Team Vantaa Ry). Uns meses despois, o 15 de setembro, o club foi iniscrito no rexistro de asociacións.[2]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

O Kiekko-Vantaa comezou a súa andaina na 3-divisioona ocupando a praza que deixara o Vantaan Kiekko (VaKi). O equipo gañou a fase preliminar, así como o grupo superior, clasificándose deste xeito para as series clasificatorias para a 2-divisioona, que tamén gañaron, conseguindo deste xeito o ascenso no seu primeiro ano de existencia.[2]

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Trio Areena.
O Trio Areena en 2013.

O Kiekko-Vantaa xoga os seus partidos como local no Trio Areena, un pavillón situado na área deportiva de Tikkurilan Urheilupuisto, no barrio de Viertola, pertencente ao distrito de Tikkurila (Vantaa).[3][4]

O pavillón foi inaugurado en 1974 e ten unhas medidas dee 60x30 A súa capacidade máxima para 3 700 persoas.[5]

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Xogadores destacados

[editar | editar a fonte]

Números retirados

[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia, Kiekkoo-Vantaa ten retirado os seguintes tres números:[6]

Lista de adestradores do equipo
Número Xogador Retirada do número
7 Jukka Hakkarainen 2007
10 Petri Pitkäjärvi 2008
39 Antti Niemi 2012[7]
  1. "KIEKKO-VANTAA" (en finés). Jokerit.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2021. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Historia" (en finés). Kiekko-Vantaa.fi. Consultado o 15 de xaneiro de 2023. 
  3. "Jäähallit - Trio Areena ja Trio Harjoitushalli" (en finés). Cidade de Vantaa. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  4. "Mapa de Vantaa" (en finés). Kartta.Vantaa.fi. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  5. "Trio Areena - Tikkurila Vantaa" (en inglés). eurohockey.com. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  6. "JÄÄDYTETYT PELINUMEROT" (en finés). Kiekko-Vantaa.fi. Consultado o 17 de decembro de 2021. 
  7. "Antti Niemen numero 39 jäädytetään". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2013. Consultado o 29 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]