Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 1998 (25 anos) Brooklyn, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Village Community School (en) USC Thornton School of Music (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor |
Período de actividade | 2015 - |
Xénero artístico | Música pop |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Pai | Oliver Straus |
Parentes | Isidor Straus (pt) (tataravó) Ida Straus (pt) (tataravoa) |
Páxina web | kingprincessmusic.com |
Mikaela Straus, coñecida artisticamente como King Princess e nada o 19 de decembro de 1998, é unha cantautora, multi-instrumentalista e produtora estadounidense coñecida pola temática das súas cancións centradas na súa vida persoal. Debutou e foi aclamada pola prensa grazas ao seu sinxelo debut "1950". Publica os seus traballos a través do selo discográfico de Mark Ronson, Zeling Records, unha filial de Columbia Records.[1]
Nada en Brooklyn, Nova York, Straus pasou gran parte da súa infancia no estudio co seu pai, onde aprendeu técnicas musicais e a tocar algúns instrumentos, como o baixo, a guitarra, o piano e a batería. Straus é filla do enxeñeiro de gravación Oliver Straus e da activista de dereitos civís Aggie Mullaney, e tamén ten unha irmá e un irmán. Os seus tataravós foron os empresarios Isidor Straus e Ida Straus, que morreron no afundimento do barco RMS Titanic.[2] As súas principais influencias e inspiracións son as bandas Led Zeppelin e T. Rex, e tamén o músico Jack White. Ao rematar os estudos de secundaria, mudouse aos Ánxeles para estudar na USC Thornton School of Music, aínda que deixou os estudos un ano despois para poder dedicarse plenamente á súa carreira musical.[3]
En febreiro de 2018, King Princess lanzou o seu primeiro single, "1950", como tributo á novela de Patricia Highsmith do ano 1952, Carol, á comunidade LGBTQ+ e ao amor homosexual. Nunha entrevista explicou que “este amor só puido xurdir de maneira privada por moito tempo... escribín esta canción co fin de narrar os sentimentos non correspondidos, vividos na súa propia carne, para recoñecer e render tributo a esta época da historia”. A canción chegou a unha gran audiencia cando o cantante británico Harry Styles tuiteou parte da letra do tema.
Straus lanzou o seu segundo sinxelo, "Talia", no mes de abril de 2018. O 15 de xuño dese ano publicou o seu primeiro EP, Make My Bed.[4]
O seu último lanzamento foi unha colaboración con Fiona Apple a comezos do ano 2019, onde ambas artistas versionaron o clásico de Fiona "I Know" (1999).[5]
En abril de 2019 actuou no importante Festival de Música y Artes de Coachella Valley, que se celebra cada ano en Palms Spring, California, no que participan ás maiores influencias musicais do panorama actual durante tres días.[6]
No ano 2019 actuou por primeira vez en Europa, tocando en Irlanda, Inglaterra e Alemaña.
King Princess identifícase como unha persoa de xénero non binario e homosexual. Actualmente mantén unha relación sentimental coa actriz Amandla Stenberg (23 de outubro de 1998) a cal é unha actriz estadounidense, coñecida por interpretar a Rue na saga The Hunger Games. Mikaela actualmente ten 19 anos, aos 11 anos rexeitou un contrato cunha discográfica importante para poder continuar cos seus estudos e así experimentar a adolescencia como unha persoa normal, lonxe dos focos e dos estadios. As súas redes sociais son como as de toda persoa da súa idade, comparte memes, grávase de festa e moi poucas veces fai autopromoción. Xa reúne case medio millón de seguidores na rede social Instagram e segue a crecer.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: King Princess |