Kinuyo Tanaka

Modelo:BiografíaKinuyo Tanaka

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 田中絹代 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1909 Editar o valor en Wikidata
Shimonoseki, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 1977 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de cerebro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaShimonoseki Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación e dirección de cine Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, directora de cinema, actriz infantil Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1924 Editar o valor en Wikidata -
Participou en
19541954 Cannes Film Festival (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHiroshi Shimizu (1927–1929) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Women film directors : an international bio-critical dictionary (en) Traducir
The St. James women filmmakers encyclopedia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0849011 Allocine: 1490 Rottentomatoes: celebrity/kinuyo_tanaka Allmovie: p69767
BNE: XX1542115 Musicbrainz: 91a77e0d-d332-45b7-a900-c68e00768457 WikiTree: 田中-42 Find a Grave: 21315757 Editar o valor en Wikidata

Kinuyo Tanaka (en xaponés, 田中 絹代, Tanaka Kinuyo), nada en Shimonoseki (Yamaguchi) o 29 de novembro de 1909 e finada o 21 de marzo de 1977, foi unha actriz e directora de cinema xaponesa. A súa carreira durou máis de 50 anos en que participou en máis de 250 filmes. Foi coñecida polos seus papeis co director Kenji Mizoguchi.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tanaka naceu na prefectura de Yamaguchi. Era prima segunda do director Masaki Kobayashi.[1]

O seu primeiro papel acreditado foi en 1924 en A Maid of the Genroku Era, que tamén marcou o comezo da súa afiliación cos estudios Shochiku. Casou co director Hiroshi Shimizu en 1929 despois de aparecer en numerosos filmes na década de 1920. Aínda que se divorciaron pouco máis dun ano despois, posteriormente apareceu en varios filmes dirixidos polo seu exmarido.[1]

Tanaka converteuse nunha estrela nos anos trinta, recibindo homenaxes que non tiñan comparación en Hollywood. Tanta era a súa popularidade, que mesmo algún dos seus directores se atreveron a titular os seus filmes co nome da actriz, como The Kinuyo Story (1930), Doctor Kinuyo (1937) ou Kinuyo's First Love (1940). En 1938, protagonizou Aizen-Katsura, de Hiromasa Nomura con Ken Uehara, filme de máis éxito comercial no período anterior á segunda guerra mundial.[1] En 1940, traballou por primeira vez con Kenji Mizoguchi, protagonizando Naniwa Onna, que non se conserva. Marcou o seu paso a papeis con maiores retos. Con Mizoguchi realizou un filme por ano con el durante os seguinte catorce anos. A súa relación laboral acabou cando Mizoguchi se opuxo a unha recomendación do Sindicato de Directores do Xapón para que o estudio Nikkatsu a contratase como directora. A pesar disto, a produción do seu segundo filme como director continuou, mais Tanaka nunca perdoou a Mizoguchi e as razóns do seu comportamento non están claras.[2]

Tanaka fixo unha viaxe de tres meses aos Estados Unidos que comezou en outubro de 1949 como unha das primeiras misións culturais xaponeses da posguerra.[1] Alí coñeceu actrices da súa idade como Bette Davis e especialmente Claudette Colbert, que planeaba por aquel entón converterse en directora. Cando regresou ao Xapón dimitiu de Shochiku e anunciou a súa intención de ser autónoma, o que lle deu máis posibilidades de escoller directores cos que quería traballar. Durante ese perído, Tanaka traballou tamén con directores como Ozu, Naruse ou Gosho.

En 1953, converteuse na segunda xaponesa en dirixir filmes (despois de Tazuko Sakane) coa súa ópera prima Koibumi, que participou no Festival de Cannes.[3]

Pola súa interpretación dunha prostituta de idade en Sandakan hachibanshokan bohkyo de Ken Kumai gañou o Oso de Prata no Festival de Berlín de (1974).[4]

Tanaka continuou a traballar ata que un cancro cerebral, en 1977, acabou coa súa vida.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Tanaka apareceu en máis de 259 filmes:[5]

Directora

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Sharpe, Jasper (2011). Historical Dictionary of Japanese Cinema. Scarecrow Press. pp. 240–242. ISBN 978-0-8108-7541-8. 
  2. Tony Rayns video essays in the Masters of Cinema edition of Chikamatsu Monogatari/Uwasa no onna set.
  3. "Festival de Cannes: Love Letter". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de xaneiro de 2009. 
  4. "Prizes & Honours 1975". www.berlinale.de. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2018. 
  5. 258 filmes segundo 田中絹代 (en xaponés). Japanese Movie Database. Consultado o 2009-12-05.  e mais o filme Kōge (香華)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]