Knights of the Dinner Table

Knights of the Dinner Table (Os Cabaleiros da Mesa do Comedor) son os protagonistas dunha publicación homónima publicada por primeira vez no ano 1990 nos Estados Unidos. Jolly R. Blackburn, o seu creador, necesitaba de contido orixinal para a tira cómica da revista SHADIS para o que recorreu á ambientación dunha partida de rol de mesa.[1]

Composición

[editar | editar a fonte]
  • Bob, é un xogador de rol americano que acostuma a participar na partida coa personaxe do pícaro, ataca coa arma do lanza-virotes a distancia.
  • Dave, é o guerreiro, posuidor dun Hakmaster +12, con predisposición cómica a atacar a calquera outra personaxe no xogo.
  • Sara, clérigo, promove o diálogo e a resolución pacífica de conflitos.
  • Brian, un ex-máster de rol, coñecedor das regras, interpreta a un mago no xogo que ataca con bólas de lume.
  • B. A., o máster, é o encargado de prepararlles a aventura, adoita a discutir con todos os xogadores pola aplicación das regras de xogo.

A maiores dos protagonistas a banda deseñada recolle a outros asiduos á tenda de produtos de rol de Weird Pete.

Despois do seu nacemento como tira cómica en SHADIS expandiuse pola súa crecente popularidade á revista Dragon en 1996 [2] Como volume recompilatorio de banda deseñada en España son publicados por Devir Ibérica, e nos EUA polo propio Blackburn desde 1996, nunha frecuencia de publicación dun cómic mensual, e que foi continuado sen interrupción por Kenzer & Company a partir do ano 2000. Nun tomo de 100 páxinas en branco e negro con portada a cor, debuxadas por George Urbanic. A compañía lanzou diversos materiais para xogos de rol inspirados na saga KoDT, tales como "Fairy Meat" ou "Kingdoms of Kalamar", xogos só existentes na trama ficticia da tira cómica pero que pola súa popularidade foron creados e publicados posteriormente por Kenzer & Company.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. KoDT(en castelán)
  2. KoDT Arquivado 22 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)