Koronas Foton / Coronas Foton | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Contratistas principais | NPP VNIIEM |
Data de lanzamento | 30 de xaneiro de 2009[1][2][3] |
Foguete portador | Tsiklon-3[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Plesetsk[2][3][4][5] |
Obxectivo da misión | Observatorio solar.[2][3][4][5] |
NSSDC ID | 2009-003A |
Masa | 1900 kg[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6882 km[1] |
Inclinación | 82,4°[1] |
Apoapse | 524,8 km[1] |
Periapse | 498,9 km[1] |
Koronas Foton ou Coronas Foton foi un observatorio espacial ruso lanzado o 30 de xaneiro de 2009 mediante un foguete Tsiklon-3 desde o Cosmódromo de Plesetsk.[1][2][4][5]
Koronas Foton era un observatorio espacial adicado á observación do Sol e ao estudo da interacción entre o Sol e a Terra. Tiña unha masa de 1900 kg e foi o terceiro observatorio da serie Koronas tras Koronas I e Koronas F. Cunha esperanza de vida de tres anos cando foi lanzado, o seu obxectivo principal era estudar os procesos de acumulación de enerxía e a súa conversión en partículas aceleradas durante as fulguracións solares, o estudo dos mecanismos de aceleración, propagación e interacción de partículas na atmosfera solar e o estudo da relación entre a actividade solar e os procesos físico-químicos na atmosfera superior da Terra.[1][2][4][5]
Koronas Foton deixou de funcionar a mediados de xaneiro de 2010 debido a problemas no seu sistema de enerxía.[1][2][4][5][6]