Kyle Korver

Modelo:BiografíaKyle Korver

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Lakewood, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaIowa
Lakewood (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónCreighton University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso96 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo26 Editar o valor en Wikidata
Convocado porBrooklyn Nets Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Milwaukee Bucks
1999–2003 Creighton Bluejays men's basketball
2003–2007 Philadelphia 76ers
2007–2010 Utah Jazz
2010–2012 Chicago Bulls
2012–2013 Atlanta Hawks (Escolta)
2017– Cleveland Cavaliers (Escolta)
Familia
CónxuxeJuliet Richardson (2011–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: KyleKorver Instagram: kkorv26 Editar o valor en Wikidata

Kyle Elliot Korver, nado o 17 de marzo de 1981 en Paramount (California), é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Korver foi seleccionado para o NBA All-Star por vez primeira en 2015. Posúe o récord da NBA de máis partidos consecutivos anotando unha canatra tripla (con 127), e a maior porcentaxe de acerto en triplas nunha soa campaña da historia (co 53,6%).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Antes de ser o quinto máximo anotador da historia da Universidade de Creighton, Korver foi ao Pella High School en Iowa, onde máis tarde sería retirado o seu dorsal. Korver foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2003 polos New Jersey Nets, e os seus dereitos foron traspasados na noite do Draft aos Philadelphia 76ers a cambio dunha compensación económica.[1]

Competiu en 2004 e 2005 no concurso de triplas do All Star Weekend, quedando tercero e segundo nos concursos respectivamente. Na tempada 2004-05, Korver quedou empatado na primeira praza da liga en triplas con Quentin Richardson, ambos con 226, tamén récord na franquía dos 76ers.[2] Korver conseguiu a maior marca de anotación da súa carreira contra os Milwaukee Bucks o 24 de febreiro de 2006, con 31 puntos,[3] algo que repetiría o 21 de febreiro de 2007 contra os New York Knicks.[4] O 12 de xaneiro de 2006, anotou unha canastra no último segundo contra os Boston Celtics que mandou o partido á tripla prórroga, onde finalmente gañarían os 76ers. O 26 de decembro de 2007, Korver foi traspasado dos Philadelphia 76ers aos Utah Jazz a cambio de Gordan Giriček e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[2][5]

O 13 de xullo de 2010, Korver asinou polos Chicago Bulls coma axente libre. Foi considerado un xogador para anotar triplas cando o partido está chegando ao seu final.[6][7] O 16 de xullo de 2012, Korver foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio dun trade exception e diñeiro.[8]

O 25 de xullo de 2019, Korver asinou cos Milwaukee Bucks.[9]

  1. New Jersey Nets Transactions 2002–03
  2. 2,0 2,1 "Sixers Trade Korver to Jazz for Giricek, Future First-Rounder". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2010. Consultado o 22 de xuño de 2011. 
  3. "Korver's 31 Points Lifts 76ers Over Bucks". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2011. 
  4. Gelston, Dan (2007-02-21). "Korver Lights Up to Propel Sixers Past Knicks". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2011. Consultado o 2007-04-09. 
  5. "Sixers send Korver to Utah in Giricek swap". Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2011. 
  6. Korver's clutch shot cools Heat First-Rounder
  7. "Sharpshooter Korver emerges as clutch performer". 23 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2011. 
  8. HAWKS ACQUIRE KYLE KORVER FROM THE BULLS
  9. "Bucks Sign Kyle Korver". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]