La Llorona | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La Llorona |
Director | Jayro Bustamante |
Produtor | Jayro Bustamante |
Guión | Jayro Bustamante |
Intérpretes | María Mercedes Coroy |
Música | Pascual Reyes |
Montaxe | Jayro Bustamante |
Estrea | Festival de Venecia: 30 de agosto de 2019 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Terror |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
La Llorona é un filme guatemalteco de 2019 dirixido por Jayro Bustamante.[1][2] La Llorona estreouse internacionalmente o 30 de agosto de 2019 no Festival Internacional de Cinema de Venecia (Giornate degli Autori),[3] e posteriormente na sección de Cinema Mundial Contemporáneo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2019.[1][4] Foi escollido como candidato de Guatemala para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[5] chegando a clasificarse na lista curta de febreiro.[6]
O xeneral Enrique Monteverde afronta un xuízo por crimes conta a humanidade por un xenocidio contra civís maias do cal foi responsábel décadas atrás, ocorrido nas zonas rurais de Guatemala. Aínda que nun principio é condenado, o procedemento é declarado nulo e a sentenza queda sen efecto. De volta na súa casa xunto coa súa familia, e no medio das protestas de quen está desconforme co resultado do xuízo, o home comeza a escoitar durante as noites o pranto dunha muller e a experimentar algúns acontecementos sobrenaturais. O seu xeito errático de actuar asusta os empregados da casa, que deciden renunciar, o cal provoca a chegada dunha misteriosa rapaza chamada Alma para traballar como serva.[7][8]