La Pegatina

La Pegatina
OrixeMontcada i Reixac, Cataluña Cataluña
Na rede
lapegatina.com
IMDB: nm3744940 Facebook: lapegatina Twitter: lapegatina Instagram: lapegatina Youtube: UCr8kBnuIa6LPmhZSxbwVs7w Souncloud: lapegatina Spotify: 4xvB67czbtvemGVXGa81oK Last fm: La+Pegatina Musicbrainz: be21bd32-0edc-4075-8872-1ca274a14893 Songkick: 708344 Discogs: 2222429 Allmusic: mn0002139134 Editar o valor en Wikidata

La Pegatina é un grupo catalán de música fundado en 2003 en Montcada i Reixac. O seu estilo musical é a rumba.

Ata o 2003 Rubén viña tocando en solitario, pero nese ano uníronselle Ovidi e Adrià para comezar o proxectoPegatina Sound System. Un ano despois da súa creación xa deran máis de 20 concertos, e dous temas seus foran recollidos no recompilatorio de Cortocircuit 2004.

En 2006, e xa co nome establecido de La Pegatina, logo de gravar temas para varios discos, gravaron Al Carrer!, o seu primeiro disco, nos estudos Sukhà de L'Hospitalet de Llobregat, editado a principios de 2007. Neste disco utilizan a lingua castelá, catalá e galega, e conta coa colaboración de Manu Chao, Gambeat (baixista de Radio Bemba), Leo e Kachafaz, de Che Sudaka e Txarangö. O disco foi nomeado ao premio Disco Catalán do Ano 200.

No 2008 fixeron a xira Conxi Tour 2008 a través de Suíza, Francia, Italia e España, onde deron máis de 250 concertos, producidos todos eles por Gambeat.

En febreiro de 2009 presentaron o disco "Via Mandarina", producido por Kasba Music e gravado nos estudos de La Atlántida durante os tres meses anteriores. Colaboran músicos de D'callaos e El Puchero del Hortelano entre outros. Aquí colaboran co Movemento Nacional de Meninos e Meninas de Rua do Brasil, e gravan un tema co Grupo Eureca de Percussão, de Campinas, para difundir a mensaxe da infancia pobre de Suramérica. Unha vez mais, tamén se expresan en diferentes linguas como o catalán, o galego, o castelán e o portugués. Tamén inclúe un par de adaptacións dos grupos Tatamka e Mártires del Compás.

Compoñentes

[editar | editar a fonte]

Rubén Sierra "Pegatina": Voz e guitarra.
Adrià Salas: Voz e guitarra.
Ovidi Díaz "Movidito: Caixón flamenco, percusión e ambientes.
Ferran Ibañez: Baixo e contrabaixo.
Axel Magnani: Trompeta.
Romain Renard: Acordeón.
Sergi: Batería.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Al Carrer!. Autoproducido, 2007.
  • Via Mandarina. Kasba Music, 2009.
  • Xapomelön. Kasba Music, 2011.
  • Eureka!. Kasba Music, 2013

Presenza en recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  • BSO Cortocircuit 2004. Program Music S.L., 2004.
  • A per loca. Komunikando.net, 2006.
  • Mariatchi Boogie. Bar Mariatchi, 2006.
  • 3° Busker's Festival. lacasamarilla.org, 2007.
  • EsperanSaharaui. Peluquería Musical, 2007.
  • Neocalorrismo X Fiesta. Vol I. K Industria, 2007.
  • 4º Busker's Festival, lacasamarilla.org, 2008.
  • Radiochango - Añejo Reserva 7 Años. Radiochango, 2008.
  • Shut Down G8 2008. A-Music, Recompilatorio xaponés, 2008.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]