La Señora | |
---|---|
![]() Adriana Ugarte, a protagonista. | |
Formato | Drama |
Creado por | Virginia Yagüe |
Intérpretes | Adriana Ugarte Rodolfo Sancho Roberto Enríquez Alberto Ferreiro Lucía Jiménez Raúl Peña Laura Domínguez Ana Turpin Carmen Conesa Ana Wagener Berta Ojea |
País de orixe | ![]() |
Episodios | 39 |
Produción | |
Duración | 75 min. |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | La 1 |
Primeiro episodio | 6 de marzo de 2008 |
Derradeiro episodio | 18 de xaneiro de 2010 |
Na rede | |
http://www.rtve.es/lasenora | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La Señora é unha serie dramática de televisión producida por Diagonal TV para Televisión Española, estreouse o 6 de marzo de 2008 e chegou ao seu fin o 18 de xaneiro de 2010. Emitiuse a razón dun episodio por semana. A serie rodouse en Asturias, Sepúlveda e Navalcarnero. En moi pouco tempo converteuse na serie estrela da noite dos luns, superando sen ningunha dificultade á todopoderosa CSI.
A segunda tempada da serie estreouse o 1 de xuño de 2009 ata o 9 de novembro de 2009 sendo líder indiscutible da noite dos luns.
A terceira tempada estreouse directamente despois do final a segunda, o 16 de novembro de 2009, con excelentes datos de audiencia e convertendo a serie, unha vez máis, na máis seguida do prime-time do luns. Co cesamento da publicidade na cadea pública a principios do 2010, a audiencia da serie non deixou de subir, superando con toda comodidade os catro millóns de telespectadores. A serie despediuse definitivamente da súa audiencia o 18 de xaneiro de 2010, superando os cinco millóns de telespectadores.
Tras o final da serie, realizouse un spin-off chamado 14 de abril. La República no que aparecen algúns personaxes da serie.
Fotogramas de Prata 2009
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor actriz de televisión | Adriana Ugarte | Gañadora |
XVIII Edición dos Premios da Unión de Actores
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor actor protagonista de televisión | Roberto Enríquez | Candidato |
Mellor actriz secundaria de televisión | Ana Wagener | Candidata |
Mellor actriz secundaria de televisión | Berta Ojea | Gañadora |
XIX Edición dos Premios da Unión de Actores
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor actriz protagonista de televisión | Adriana Ugarte | Gañadora |
Mellor actor protagonista de televisión | Roberto Enríquez | Ganador |
Mellor actriz secundaria de televisión | Carmen Conesa Ana Wagener |
Gañadora Candidata |
Mellor actor secundario de televisión | Víctor Clavijo Raúl Peña |
Gañador Candidato |
Mellor actriz secundaria de televisión | Inma Cuevas | Candidata |
Mellor actor secundario de televisión | Juan Meseguer Alberto Rubio |
Gañador Candidato |
Mellor actriz revelación | Carolina Lapausa | Candidata |
Outros