La pietra del paragone A pedra de toque | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Luigi Romanelli |
Estrea | 26 de setembro de 1812 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini |
Localización da partitura | Archivio di Casa Ricordi, Milán. A segunda metade dos recitativo secco é dun colaborador descoñecido. |
Personaxes | |
La pietra del paragone (en galego A pedra de toque) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Luigi Romanelli. A súa estrea tivo lugar o 26 de setembro de 1813 no Teatro alla Scala de Milán. Foi o primeiro encargo do compositor dun gran teatro de ópera e foi un éxito inmediato, sendo representada 53 veces durante a primeira tempada.[1]
Esta ópera represéntase moi pouco, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só cinco representacións no período 2005-2010.[2]
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 26 de setembro de 1812[1] (Director: Alessandro Rolla) |
---|---|---|
Conde Asdrubale (un rico señor) | baixo | Filippo Galli |
Clarice (namorada de Asdrubale) | contralto | Marietta Marcolini |
Giocondo (poeta amigo do Conde Asdrubale) | tenor | Claudio Bonoldi |
Pacuvio (un poeta) | barítono | Pietro Vasoli |
Donna Fulvia (rival de Clarice que quere os cartos de Asdrubale) | mezzosoprano | Orsola Fei |
Macrobio (un xornalista corrupto) | barítono | Antonio Parlamagni |
Baronesa Aspasia (rival de Clarice que quere os cartos de Asdrubale) | soprano | Carolina Zerbini |
Fabrizio | baixo | Paolo Rossignoli |
Xardineiros, convidados, soldados, cazadores |
Tres mulleres queren casar co Conde Asdrúbale. Só a Marquesa Clarice o ama en realidade; as outras, Fulvia e Aspasia quéreno soamente polos seus cartos. Farto do asedio das tres mulleres e dun xornalista corrupto, Macrobio; dun escritor ridículo, Pacuvio; e do seu amigo e xove poeta, Giocondo, o Conde decide montar unha farsa: finxe que toda a súa fortuna foi embargada. Todos o abandonan excepto a apaixonada Marquesa Clarice e o xove poeta Giocondo, quen resultan ser seu grande amor e o seu único verdadeiro amigo, respectivamente.
Giocondo, namorado de Clarice, laméntase do seu amor polo conde e intenta namorala. Clariche recházao, alegando que o seu verdadeiro amor é o Conde Asdrubale. Para comprobar se o Conde sente o mesmo por ela, Clarice disfrázase do seu irmán xemelgo, Lucindo, militar desaparecido, e comunícalle ao Conde que decidiu levarse con el á Marquesa. Entón, cando o Conde confesa os seus sentimentos Clarice confésalle que en realidade é ela disfrazada. A ópera remata con Giocondo reconciliado con Conde Asdrubale e co matrimonio entre Clarice e Asdrubale, Macrobio e Aspasia e Fulvia e Pacuvio.
A partitura de Rossini prevé a utilización de:
Para os recitativos:
Ano | Elenco: Clarice, Asdrubale, Giocondo, Pacuvio |
Director,
Orquestra e Teatro |
Selo |
---|---|---|---|
1961 | Bruno Marangoni, Rosa Laghezza, Renzo Casellato, Mario Basiola |
Mario Rossi, Orquestra e Coro do Teatro La Fenice |
CD de son: Premiere Opera Cat: 29881 |
1971 | John Reardon, Beverly Wolff, José Carreras, Justino Díaz |
Newell Jenkins, New York Clarion Concerts Orchestra and Chorus |
CD de son: Vanguard Classics Cat: 08-9031-73 |
1988 | Natale de Carolis, Cecilia Bartoli, Luca Canonici, Alfonso Antoniozzi |
Marcello Viotti, Orquestra e Coro do Teatro Massimo Bellini de Catania |
CD de son: House of Opera Cat: CD91776 |
1993 | Pietro Spagnoli, Sara Mingardo, William Matteuzi, José Fardilha |
Bruno Aprea, Orquestra Sinfónica de Graz e Coro de Cámara de Bratislava |
CD de son: Bongiovanni Cat: GB 2179/80 |
2002 | Marco Vinco, Carmen Oprisanu, Raúl Giménez, Bruno De Simone |
Carlo Rizzi, Orquestra do Teatro Comunal de Boloña e Coro de Cámara de Praga Rossini Opera Festival |
CD de son: ROF Cat: ROF 11053 |
2006 | Michele Pertusi, Sonia Prina, José Manuel Zapata, Christian Senn |
Jean-Christophe Spinosi, Orquestra e Coro do Teatro Regio de Parma |
CD de son: House of Opera Cat: CD10068 |
2007 | Marco Vinco, Marie-Agne Todorovich, Raúl Giménez, Paolo Bordogna |
Alberto Zedda, Orquesta y Coro del Teatro Real de Madrid |
DVD: Opus Arte Cat: OA0987D CD de son: House of Opera |
2007 | François Lis, Sonia Prina, José Manuel Zapata, Christian Senn |
Jean-Christophe Spinosi, Ensemble Matheus Coro do Teatro Regio de Parma Théâtre du Châtelet |
DVD: Naïve Cat: V 5089 CD de son: House of Opera |
2017 | Gianluca Margheri, Aya Wakizono, Maxim Mironov, Paolo Bordogna |
Daniele Rustioni, Orquesta Sinfónica de la RAI e Coro do Teatro Ventidio Basso Rossini Opera Festival |
CD de son: Premiere Opera Cat: 33253 |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |