La virgen de los sicarios | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | La virgen de los sicarios |
Director | Barbet Schroeder |
Produtor | Margaret Ménégoz Jaime Osorio Barbet Schroeder |
Guión | Fernando Vallejo |
Baseado en | La virgen de los sicarios de Fernando Vallejo |
Intérpretes | Germán Jaramillo Anderson Ballesteros Juan David Restrepo Manuel Busquets |
Música | Jorge Arragada |
Fotografía | Rodrigo Lalinde |
Montaxe | Elsa Vásquez |
Distribuidora | BiM Distribuzione |
Estrea | 1999 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Colombia Francia España |
Xénero | Suspense, drama e romance |
Recadación | 525 330 dólares[1] |
Na rede | |
La virgen de los sicarios é un filme Colombiano de 1999 dirixido por Barbet Schroeder, adaptación da novela homónima de Fernando Vallejo. É unha coprodución internacional entre Colombia, Francia e España. Conta a historia dun autor colombiano que regresa a Medellín logo de trinta anos de ausencia e que se ve rodeado pola atmosfera de violencia e asasinatos causados polo cartel da droga. Foi candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 74ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.