Un labirinto celta é un patrón de debuxo en espiral, que ten a súa orixe na arte celta. Comezou nas tallas en pedra e metais e máis tarde evolucionou na arte insular medieval. Os deseños prehistóricos de espirais de Gavrinis datan arredor do ano -3500.[1]
Os labirintos celtas atópanse entre esculturas en Camonica Valley, ocupada polos celtas no inicio do primeiro milenio, a maioría con máis dun exemplo do modelo estilo Knossos ou do estilo clásico. A mitoloxía asociada cos labirintos tamén suxiren orixe celta, xa que os labirintos que conteñen ollos, unha figura con cornos ou unha serpe están relacionados coa divindade Cernunnos.