Labyrinth: The Computer Game

Labyrinth: The Computer Game
Desenvolvedor(es)Lucasfilm Games
Distribuidora(s)Activision
Deseñador(es)David Fox
Douglas Adams[1]
Artista(s)Gary Winnick
Ken Macklin
Compositor(es)Russell Lieblich
Lanzamento1986
XéneroAventura gráfica
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Apple IIe e IIc
Commodore 64/128
MSX2
editar datos en Wikidata ]

Labyrinth: The Computer Game é un videoxogo de aventura gráfica desenvolvido por Lucasfilm Games e publicado por Activision en 1986. Baséase no filme de fantasía Dentro do labirinto, e o xogador debe atravesar un labirinto ó tempo que resolve crebacabezas e evade perigos. O principal obxectivo é atopar e derrotar ó principal antagonista, Jareth, antes de que rematen 13 horas en tempo real. Ó contrario que outros xogos de aventuras da época, Labyrinth non se xoga cunha liña de comandos. No seu canto, o xogador emprega un menú con dúas palabras desprazables na pantalla para construír frases sinxelas.

  1. Lewis, Clovice (1986). Activision Entertainment Software, ed. Labyrinth: The Computer Game Player's Guide. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]