Latvijas Radio | |
---|---|
Tipo | emisora de radio, radiodifusora pública e empresa estatal |
Data de fundación | 1925 e 29 de xuño de 1992 |
Nº de empregados | 292 (2022) |
Sede | Riga |
Enderezo | Doma laukums 8, Rīga, LV-1050 |
País | Letonia |
56°56′59″N 24°06′20″L / 56.949817, 24.105675 | |
Na rede | |
http://www.latvijasradio.lsm.lv/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Latvijas Radio (LR) (en galego: Radio Letonia) é o servizo público de radiodifusión de Letonia. A súa sede central está na capital, Riga. Comezou a emitir o 1 de novembro de 1925, é membro activo da Unión Europea de Radiodifusión (EBU-UER) dende 1993, e hoxe en día mantén varias emisoras de FM e dixitais.
Nada en 1925 foi a pioneira da radio letoa e unha das 20 primeiras de Europa. Inicialmente emitía un par de horas diarias, mais a programación foise ampliando durante os primeiros anos combinando información, música (clásica e doutros xéneros) e contidos educativos e culturais. Dos pouco máis de 300 suscritores iniciais, pasou a máis de 155 000 en 1940.[1] Empregada como un medio de propaganda durante a ocupación nazi e soviética, comezou a liberarse do control da censura a finais da década de 1980 ao abeiro das reformas da Glasnost. No proceso de independencia de Letonia, en 1991, xogou un papel destacado na información e na organización das protestas pacíficas.
Mantivo o monopolio nas ondas letoas ata 1991 que se abreu a primeira emisora privada. Logo da anexión rusa de Crimea, Latvijas Radio reforzou a súa presenza na rexión de Latgalia, fronteiriza con Rusia, coa apertura duns estudios en Rēzekne en 2016. Ata 2021, a organización financiábase de forma mixta entre os ingresos da publicidade e as dotacións a conta do Estado, máis a partir dese ano, Latvijas Radio abandonou o mercado publicitario.[2]
Ademais, Latvijas Radio conta cunha popular sección de teatro radiofónico e, en 1940, fundou o Coro da Radio Letoa, que participa nos máis prestixiosos festivais.[6][7]