Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xullo de 1934 (90 anos) Aberdeen, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
Outros nomes | Friedlander, Lee Norman |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Art Center College of Design (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Fotografía |
Lugar de traballo | Nova York (1956–2002) Os Ánxeles |
Ocupación | fotógrafo , profesor universitario , artista visual |
Período de actividade | 1948 - 2002 |
Empregador | Universidade de Minnesota (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Representante | Pace Gallery (en) |
Participou en | |
24 de xuño de 1977 | Documenta 6 |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
Lee Friedlander, nado en Aberdeen (Washington) o 14 de xullo de 1934, é un fotógrafos estadounidense, un dos máis reputados do século XX. A súa obra destaca por tentar retratatar a «paisaxe social norteamericana».
Friedlander cursou os seus estudos académicos de fotografía no Art Center College of Design de Pasadena (California). En 1956 múdase a Nova York onde comezará a traballar para selos musicais especializados en jazz, principalmente para Atlantic, fotografando a moitas das máis destacadas figuras da escena jazzística (Ornette Coleman, Charles Mingus) en imaxes que servirán, en moitas ocasións, para ilustrar as capas de varios discos. Xa en 1960, Friedlander gañou unha bolsa da Guggenheim Memorial Foundation que lle había permitir centrarse na súa arte sen recorrer aos encargos comerciais dos anos anteriores. En 1962 e 1977 volveu a recibir novas bolsas. Estes traballos da súa primeira época van estar influídos por diferentes fotógrafos como Eugène Atget, Robert Frank ou Walker Evans.
A súa obra caracterízase tecnicamente polo emprego dunha Leica de 35 mm e do filme en branco e negro, mentres que pola súa temática destaca o retrato da «paisaxe social norteamericana». Deste xeito, as súas fotografías representan imaxes illadas da vida urbana, reflexos dos escaparates das tendas, carteis publicitarios, televisións etc., nunha combinación capaz de capturar o ambiente da vida moderna. Tamén son destacábeis na súa obra os autorretratos nos que se serve de recursos como son os espellos, o reflexo nun vidro ou a súa propia sombra; e os espidos femininos, capaces de captar a beleza "real" das mulleres (coas súas celulite e imperfeccións) con imaxes tomadas en ángulos inverosímiles e nunhas posturas bastante heterodoxas.
En 1963, o International Museum of Photography da George Eastman House organizoulle a súa primeira exposición monográfica nun museo. No 1967 foi unha das principais figuras, xunto con Garry Winogrand e Diane Arbus, da exhibición New Documents no Museum of Modern Art de Nova York. En 1990 a MacArthur Foundation premiouno cunha MacArthur Fellowship.
Nos útimos anos Friedlander traballa con cámaras de formato medio como a Hasselblad Superwide. A artrite que padece recluiuno no seu hogar, obrigándoo a se centrar no seu contorno máis próximo e cotián. O seu libro Stems (talos, troncos) reflicte o seu período de convalecencia ocasionado por unha intervención cirúrxica no xeonllo: segundo Friedlander os seus membros recordábanlle aos enxertos dunha árbore. Estas imaxes ofrecen unhas texturas que non estaban presentes en anteriores traballos do autor, recordando en certa maneira á obra doutros autores como Josef Sudek, quen tamén ten fotografado os espazos reducidos do seu hogar e do seu estudo.
En 2005 o Museum of Modern Art de Nova York ofreceu unha retrospectiva da obra de Friedlander (exposición que viaxaría no outono de 2006 á Galerie nationale du Jeu de Paume en París, ao Haus der Kunst de Múnic e ao Caixaforum de Barcelona en abril de 2007[1]). Tamén en 2005 recibiu o premio Hasselblad International Award. En 2008 apareceu unha nova retrospectiva, esta vez no Museum of Modern Art de San Francisco[2], que se viu acompañada por unha exposición de obras máis recentes, baixo o título de America By Car, na Fraenkel Gallery[3] situada non moi lonxe do Museo de Arte Moderna.
Como curiosidade, tamén é de destacar que un dos seus fillos, o violoncellista e compositor Erik Friedlander, é unha destacada figura da escena da música experimental de Nova York.
("It fascinates me that there is a variety of feeling about what I do. I'm not a premeditative photographer. I see a picture and I make it. If I had a chance, I'd be out shooting all the time. You don't have to go looking for pictures. The material is generous. You go out and the pictures are staring at you.").
(I always wanted to be a photographer. I was fascinated with the materials. But I never dreamed I would be having this much fun. I imagined something much less elusive, much more mundane.).