Legacy of Kain: Soul Reaver | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | Crystal Dynamics |
Distribuidora(s) | Eidos Interactive |
Compositor(es) | Kurt Harland |
Lanzamento | 16 de agosto de 1999 (PlayStation WIN) 27 de xaneiro de 2000 (DC) |
Xénero | Aventura de acción Plataformas |
Modos de xogo | Un xogador |
Clasificación | PEGI ![]() USK ![]() |
Plataforma(s) | PlayStation, Dreamcast, PC |
Formato(s) | CD |
Requisitos | 266 MHz CPU, 16 MB RAM, 2 MB tarxeta gráfica RAM, 4X CD-ROM drive, DirectX 6.0, 320 MB de espazo do disco duro |
Serie | Serie Legacy of Kain |
Na rede | |
http://www.legacyofkain.com | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Legacy of Kain: Soul Reaver é un videoxogo desenvolvido por Crystal Dynamics e publicado por Eidos. É o segundo xogo na serie Legacy of Kain. Foi lanzado para PlayStation, Sega Dreamcast e PC. O xogo mostra a historia do recentemente nado Segador de Almas (Soul Reaver), Raziel, seguíndoo na súa procura de vinganza contra os seus irmáns vampiros (Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah) e o seu creador e antigo señor, Kain.
Raziel, o personaxe principal desta historia é un vampiro e o primeiro lugarteniente de Kain, Kain é o líder destes. Cada catro anos os vampiros evolucionan desenvolvendo un poder especial, Raziel evoluciona e sáenlle unhas fermosas ás de murcego, o erro deste foi evolucionar antes que o seu amo, a condición de cada evolución era facelo logo de Kain, este cheo de ira arrinca a parte esquelética das ás de Raziel e lánzao coa axuda dos seus irmáns ao Lago dos Mortos, Raziel esperta no inframundo ante un deus mitolóxico, cuxa cara e corpo descoñécense, que o incita a tomar vinganza contra Kain e os seus irmáns pola actitude que tiveron contra el, converténdoo nun espectro segador de almas coa capacidade de adquirir as habilidades daquel de quen consuma a súa alma e poder transportarse entre o inframundo e o mundo dos vivos. Durante o transcurso do xogo Raziel descobre que o e os seus irmáns eran os Sarafan. Raziel era un membro de alto rango dos Sarafan que persoalmente matou a Janos Audron, último representante da antiga raza de vampiros orixinal coñecida coma “Os antigos“ ou “Os antigos vampiros“. Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah eran xenerais xunto a Raziel durante a súa cruzada.
Nun acto de irónica blasfemia, Kain reviviu a Raziel, Turel, Dumah, Rahab, Zephon e Melchiah como os seus fillos vampiros.
A medida que o xogo avanza, Raziel vence aos seus irmáns e absorbe as habilidades especiais destes.
Ao final do xogo, perseguindo a Kain, Raziel é transportado a outra dimensión, dando inicio a Legacy of Kain: Soul Reaver 2, onde segue descifrando os misterios de Nosgoth.
A versión de Soul Reaver para PlayStation e PC saíu un pouco antes que a de Dreamcast, na versión para esta consola melloráronse aspectos técnicos deixándolle unha maior calidade nos gráficos.
A medida que a aventura avanza, Raziel atopa xeroglíficos que lle permiten ter poderes para derrotar aos seus inimigos. Estes son: