Lengüeira | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Serapias lingua | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Serapias lingua' L. |
A lengüeira, Serapias lingua,[1] é unha planta herbácea perenne da familia Orchidaceae.
O xénero Serapias caracterízase por ter as flores erectas de cor púrpura ou violáceas e o labelo central con forma de lingua. Serapias lingua ten o labelo central bastante ancho e longo, máis curto e menos reflexo que en Serapias parviflora, e non ten a base en forma de corazón como en Serapias cordigera. Florece dende abril até xuño.[2]
Vive en solos silíceos, en pradarías húmidas, matogueira alta, en oliveirais, e bosques claros que deixen pasar suficiente luz.
Chega a desenvolverse en alturas de até 1000 m s. n. m.
Serapias lingua foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 949. 1753.[3]
Serapias: nome xenérico de orixe grega que se aplicou antigamente a unha orquídea non identificada con certeza, quizais Orchis morio. Provén dun deus exipcio chamado Serapis en cuxos templos os devotos dedicábanse aos praceres da carne. O nome que Linné asignou a este xénero quizais se debe a que a algunhas orquídeas atribúenselle efectos afrodisíacos.
lingua: epíteto latino que significa "con forma de lingua".[4]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Serapias lingua |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Serapias lingua |