Lepidopus é un xénero de peixes teleósteos da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos e familia dos triquiúridos, que é o tipo da subfamilia dos lepidopodinos.[1]
O xénero conta con seis especies, que son son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.[2]
Estas especies, algunhas de interese pesqueiro, son coñecidas vulgarmente como sabres,[3][4] ou peixes sabre.[5]
O xénero foi descrito en 1863 polo botánico e ictiólogo francés Antoine Goüan,[1] na súa obra Historia piscium, sistens ipsorum anatomen externam, internam, atque genera in classes & ordines redacta... (Ler en liña)
Goüan construíu o nome do xénero, Lepidopus, cos elementos do latín científico lepido- e -pus, tirado o primeiro da raíz do xentitivo da voz do grego antigo λεπίσ, λεπίδος lepís, lepídos, "escama", e o segundo do termo grego πούς, poús, "pé", "pata". Literalmente: "os que teñen escamas nas aletas".
Segundo o WoRMS, o xénero conta coas seis especies seguintes:[1]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lepidopus Goüan, 1770 no WoRMS.
- ↑ Johnson, G. D. & Gill, A. C. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 190.
- ↑ sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7.
- ↑ Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178.
- ↑ Lepidopus cuadatus (Euphrasen, 1788), en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-225.
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.
- Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", in: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.