Lingua aché

Aché
Guayakí
Falado en: Paraguai
Total de falantes: 1 000 (censo de 2006)[1]
Familia: Americana
 Tupí
  Tupí-guaraní
   Guaraní
    Aché
Escrita: latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: guq
Mapa
Status

O aché está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

O aché é unha lingua da familia tupí-guaraní, do grupo guaraní falada en Paraguai.

Tradicionalmente o aché era un pobo nómade, que vivía da caza e da recolleita do mel, froitos e raíces bravas, libráronse dos contactos cos brancos ata o século XX, para evitar a persecución dos paraguaios que mesmo chegaron a cazalos como animais refuxiáronse nas selvas tropicais do oriente de Paraguai. En 1910 quedaban entre 800 e 1000, e poucos anos despois reducíronse ata os 500 por unha epidemia, en 1941 recuperáranse e chegaban a 600. A vila de San Juan de Nepomuceno era o centro principal do mercado escravista de nenos aché, vendidos ás familias que non podían ter fillos. O primeiro asentamento estableceuse en 1959, con arredor de 30 aché na Colonia Nacional Guayaki, nas beiras do regato Morotï, preto da aldea de Abai, máis tarde transferida a Cerro Morotï. Entre 1970 e 1978 as cinco comunidades nómades que quedaban sedentarizáronse. Os aché comezaron a se recuperar lentamente, e pasaron de 650 en 1981 a 883 en 1995.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

Os aché vivían ata mediados do século XX na rexión oriental de Paraguai, hoxe quedan só 7 comunidades aché: Chupa Pou, Arroyo Bandera, Kuêtuvy, KuêTuwyVe, Cerro Moroti, Puerto Barra e Ypetimi

En 1978 traducíronse fragmentos da Biblia ao aché.

  1. Aché en Ethnologue
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]