Cree dos pantanos ᓀᐦᐃᓇᐍᐏᐣ / Nêhinawêwin | ||
---|---|---|
Falado en: | Canadá | |
Rexións: | Ontario | |
Total de falantes: | 1.805 (censo de 2016) | |
Familia: | Álxico Algonquino Cree-innu-aimun-naskapi[1] Cree Cree dos pantanos | |
Escrita: | alfasilabarios nativos canadenses | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | csw
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
A lingua cree dos pantanos (tamén coñecida cos nomes maskekon, maskegon ou omaškêkowak) é unha variedade da lingua cree falada principalmente en comunidades de Swampy Cree, no norte de Manitoba, e no nordeste de Saskatchewan ao longo do río homónimo, e na costa da baía de Hudson e zonas interiores adxacentes ao sur e ao oeste, e Ontario ao longo da costa de Hudson e baía de James. Dentro do grupo de dialectos "cree occidentais", considérase un dialecto "n", xa que a variable fonema común a todos os dialectos Cree aparece como "n" neste dialecto (como opostos a y, r, l ou ð todos os fonemas considéranse reflexos lingüísticos do protoalgonquino *r).
Segundo a 14ª edición do Ethnologue, en 1982 tiña aproximadamente 4.500 falantes sobre unha poboación total de 5.000. Os datos do censo canadense non identifican dialectos específicos do cree (todas as estimacións actuais dependen de extrapolacións de estudos específicos), e actualmente non existe ningún censo preciso de ningunha lingua algonquina.[3]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |