Yavitero | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Paraene | |
Falado en: | Venezuela | |
Rexións: | río Orinoco | |
Extinción: | 1984 | |
Familia: | Americana Arauaco Setentrional Arauaco do alto Amazonas Orinoco Yavitero Yavitero | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | yvt
| |
Mapa | ||
Status | ||
![]() |
A lingua yavitero ou paraene é unha lingua morta que pertence á familia das linguas arauacas que foi falada outrora en Venezuela, na rexión do río Orinoco.[2][3] O derradeiro falante coñecido morreu en 1984.[4][5]
O parentesco co resto de linguas arauacas coñécese dende que Alexander von Humboldt reuniu unha lista de palabras e as comparou coa lingua maipure.
Yavitero/Paraene | Maipure | Galego |
---|---|---|
camosi | kié (kiepurig) | 'sol' |
keri | kejapi (cagijapi) | 'lúa' |
ouipo | urrupu | 'estrela' |
oueni (ut) | oueni | 'auga' |
casi | catti | 'lume' |
nosivi | nokirri | 'nariz' |
Humboldt escribiu que o misioneiro e lingüista Gilii consideraba o yavitero un dialecto das linguas maipure. O científico alemán pregúntase se non foi máis ben unha mestura de dúas linguas.[6]
Humboldt sinala que unha das rochas de Maipures é coñecida como Keri e os nativos da zona cren ver nela a imaxe dunha lúa chea. Os indíxenas sinalan no medio das fervenzas de Maipures outra rocha que chaman Casomi, ou sol.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |