Lionheart | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Lionheart |
Director | Genevieve Nnaji |
Produtor | Chinny Onwugbenu |
Guión | |
Intérpretes | |
Música | Kulanen Ikyo |
Fotografía | Yinka Edward |
Montaxe | George Cragg |
Estudio | The Entertainment Network (T.E.N) |
Distribuidora | Netflix MPM Premium |
Estrea | Festival de Toronto: 7 de setembro de 2018 |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Nixeria |
Xénero | Drama |
Recadación | 21,3 millóns de ₦[1] |
Na rede | |
Lionheart é u filme nixeriano de 2018 producido por Chinny Onwugbenu e dirixido por Genevieve Nnaji. Está protagonizado por Pete Edochie, Genevieve Nnaji e Nkem Owoh. Foi adquirido por Netflix o 7 de setembro de 2018,[2] converténdose no primeiro filme orixinal de Netflix producido en Nixeria.[3] Lionheart estreouse no Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2018, no Canadá.[4] O filme foi o primeiro como directora de Nnaji[5] así como os primeiros papeis profesionais de Peter Okoye e Chibuzor Azubuike (tamén coñecido como Phyno).[6] O filme estreouse internacionalmente a través de Netflix o 4 de xaneiro de 2019.[7]
O trailer do filme lanzouse o 24 de agosto de 2018.[8] O 4 de xaneiro de 2019, o filme estreouse dixitalmente a través de Netflix.[7]