Logorama | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Logorama |
Director | François Alaux Hervé de Crécy Ludovic Houplain |
Produtor | Autour de Minuit |
Guión | François Alaux Hervé de Crécy Ludovic Houplain Gregory J. Pruss |
Música | Bryan Ray Turcotte Dayna Turcotte |
Montaxe | Samuel Danési |
Estudio | H5 Autour de Minuit Productions Little Minx Films |
Distribuidora | Cinéma Public Films |
Estrea | Cannes: 20 de maio de 2009 |
Duración | 16 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Animación |
Na rede | |
Logorama é unha curtametraxe francesa de animación escrita e dirixida por H5/François Alaux, Hervé de Crécy e Ludovic Houplain, e producida por Autour de Minuit. O filme representa unha historia ambientada nos Ánxeles, e faino a través de máis de 2,500 logos e mascotas de marcas contemporáneos e históricos. Gañou o Prix Kodak no Festival de Cine de Cannes de 2009 e o Oscar á mellor curtametraxe animada na 82ª edición dos premios.[1]